Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morte en Becerreá

miércoles, 09 de julio de 2008
Semella un título de novela ou de filme, incluso pode dar pe a interpretacións morbosas. Nada de iso. Hai dous meses do falecemento dun operario realizando traballos forestais no Cereixal, en Becerreá. Un morto en accidente laboral. Budin Basile tiña 36 anos de idade; oriundo do fogar de Drácula. Casado e con dous nenos. Acodiu á chamada do seu irmán, que xa iniciara o camiño da emigración dende ese país chamado Romenia ou Rumanía hacia Galicia. Veu coas ansias de medrar económicamente, facer diñeiro, marchar para o seu país e mellorar as condicións de vida da súa familia ou, quen sabe, talvez traela para acó, establecerse e construír o seu proxecto de futuro neste país.

Budin Basile apenas puido saber que estaba traballando nun concello chamado Becerreá, que actualmente ten a metade da poboación que tiña hai tres décadas, que moitos dos homes e mulleres que viron a luz nese pobo e hoxe rondan a idade del xa non viven aí, senón que marcharon fóra, estudaron, preparáronse e desenvolven as súas vidas profesionais alén desas terras altas que os viron nacer. Budin Basile empezou a traballar no sector da madeira, ó igual que moitos dos seus compatriotas que veñen gañar o pan, nunha actividade laboral na que os empresarios non encontran man de obra autóctona. E atopou a morte, nun monte do Cereixal, pelando un eucaliptal, subido a unha grúa, electrocutado. Este home entrou a formar parte da estadística de mortos en accidente laboral e tamén do número de compatriotas que saíron dese país do leste europeo, excomunista e que forma parte da Unión Europea, ó igual que formamos os galegos, fuxindo dunha longa crise económica. Unha lenda negra persigue os habitantes deste estado e moitas veces identificámolos coas mafias, coa delincuencia, as bandas organizadas e, en xeral, cunha carga de negatividade importante, o que provoca recelos nos lugares de acollida. No entanto, Budin Basile estaba traballando, un día de primavera, no Cereixal, en Becerreá, un pobo que nos anos cincuenta, sesenta e setenta veu partir centos de lugareños polo mundo adiante na procura dun futuro mellor e que hoxe ve como hai entre os seus veciños varias ducias de inmigrantes. Budin Basile pelaba un eucaliptal, a tres mil quilómetros da súa casa, onde o agardaban a súa muller e dous pequenos. Xa rematou o seu periplo emigrante. Regresou a casa, nunha tumba.

E agora dirase que de Romenia veñen xitanos, delincuentes, mafiosos e prostitutas. En que grupo encadramos a Budin Basile?. Talvez Berlusconi podía darnos algunha pista.

Veiga López-Castelo, Pablo
Veiga López-Castelo, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES