Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (IX)

viernes, 23 de julio de 2021
T, U e V

T de Teatro. Aparece moi de cando en vez unha pequena obra no medio dos relatos ata que publica en 2010, n'A Fervenza Repetimos. Acción!.

T de tristeza. A tristeza da rapazada que pode verse naqueles relatos nos que se fala dos seus problemas, da discriminación que sofren ou de como se senten abandonados (A camioneta da media risa), como botan de menos aos que están na emigración e os necesitan para resolver os problemas de cada día (Quero que veñan meus pais), como senten a necesidade de falar cos que xa non están para contar as cuitas (Querido Iván, Tita...), os problemas que arrastran sen poder comentarllos a ninguén...

U de Chuchamel publicado na colección “Narrativa para nenos” de Ediciós do Castro co ilustracións de Carolina, Daniel e Aleixo Díaz, os fillos de Xosé Díaz (que deseña a cuberta). Esta é a única obra ilustrada polos netos de Isaac Díaz Pardo que pode dar fe da presenza das tres xeracións poñendo imaxes ás obras desta editora. A autora explica ao lado da dedicatoria: “O obxectivo de Chuchamel é conseguir que o rapaz, nos seus primeiros contactos coa lingua galega, sinta ledicia e disfrute coa fantasía das súas narracións, contos e poemas. Así os cursos vindeiros serán máis doados para el.
”Trátase dun monllo de pequenos contos e poemas, neste caso sen actividades.

V de voz. Adoptar a voz da rapazada, e con ela o pensamento, os malentendidos por entender todo ao pé da letra, as frases feitas que interpreta á súa maneira, todo o conta con naturalidade sen que se dea conta de que o que ela di produce comicidade... cando adopta a primeira persona; todo pasa polo seu filtro, pola súa maneira de pensar e entendelo todo (A min que me importa!, Quero que veñan meus pais, Tita...)

V de valores. Valores, en Querido Iván fai unha crítica cando comenta aquilo do que falan na escola (racismo e xenofobia e non o fan do que tes aí ao lado como da homosexualidade).

V de A vaca titiriteira. Premiada n´O Facho, ilustrada por Mari Fe Quesada no seu estilo peculiar e marabilloso, en branco e negro e publicada por Bruño. Leva propostas de traballo da propia autora. O argumento camiña arredor desta vaca que leva un segredo no rabo que nos descubriremos ata o final e da viaxe polo mundo que realiza para cumprir todos os seus desexos.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES