Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (VIII)

martes, 20 de julio de 2021
Q, R e S

Q de Querido Iván. Ese libro ilustrado por Fernando L. Juárez e publicado na colección Montaña Encantada de Everest Galicia. Nel, Fran escríbelle cartas ao seu amigo morto (Iván) e vaille contando o que lle pasa, as súas preocupacións, o seu namoramento, infórmao dos avances científicos, da situación do ensino, cóntalle algún chiste pero sobre todo, dille como o bota de menos e remata con esa chamada ao Alén: “Axúdanos”.. Neste libro a autora adopta a voz do rapaz de trece anos e consegue transmitirnos o que sente dende esa mirada. Nel parecen referencias a outros libros tanto da súa autoría como A misteriosa montaña de Pena Negra pero tamén doutros como Das cousas de Ramón Lamote e Asústate, Merche!

Q de Quero que veñan meus pais. Ilustrado por Marisa Irimia e publicado na colección O trolebús de Casals. Nel, é Fala o rapaz quen fala en primeira persoa, unha especie de antihéroe, gordiño, que é quen de convencer á avoa de moitas cousas pero non aos pais de que se veñan dunha vez). A pesar da tristeza que percorre o relato aflora o humor continuamente para facelo máis levadeiro, tanto a base de mostrar esa visión do mundo propia de alguén da súa idade como polo xogo coas palabras, os malentendidos. A relación coa avoa coa que vive mentres os pais están na emigración, a maneira na que se ve e como vai contando a súa caída na depresión

R de referencias. Algún libro seu e doutros dentro dunha historia, por exemplo en A Disco Ecoloxista: Barrigaverde e o dragón Achís, O Moucho e a Moucha do niño da carroucha, A vaca titiriteira, O Gato Bógar, O xílgaro cantor, Os dous caracois...) Tamén recolle a referencia a Balbino en Sara.

R de rúa Barcelona. A rúa Barcelona da Coruña en Nano e O balcón do meu universo.

R de Cantos da rula. Ilustrado por X. Vizoso e publicado por Ediciós do Castro. Este libro foi Premio Arume de poesía da Fundación Neira Vilas, o escritor que daquela era presidente da mesma falou del así o prólogo titulado “Verso a verso” “recrea poeticamente, con versos moi axeitados para a comunicación con nenos e nenas, a natureza circundante, poboada de paxaros, insectos, árbores, así como o sol, a lúa, o aire, a neve, o mar. Tamén nos fala do tren, da paz e dos necesarios soños. E da nosa xeografía. Todo con palabras de ritmo preciso e léxico adecuado para o lector infantil.”

S de series. Na actualidade, Concha Blanco conta con dúas series: a de Boris (e Boris e compañía) e a de Catuxa (e Catuxa quere saber máis).

S de sofá. A presenza do sofá en A aventura das cores e en varios libros de adultos (o lugar no que a protagonista se recolle a pensar, chorar... O balcón do meu universo, Berta.

S de Sara. Publicada na colección O trolebús de Casals. Unha novela na que se fan presentes as lembranzas da familia e a aldea, a dor polo pai que as abandona e da nai que sofre todo ese tempo. Aparecen personaxes moi especiais coma o home que contaba historias na taberna e do que dicían que estando no ventre de súa nai fora quen de dicirlle onde estaba o gando que escapara e que vai seguir adiviñando onde están as cousas perdidas ao longo da vida. Retrata a vida da aldea naqueles tempos, nunha visión da nena que podería relacionarse coa de Balbino.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES