Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (VI)

martes, 13 de julio de 2021
M e N

M de Mundo idílico, cheo de bondade e esperanza. É como se non existiran os celos, os malos pensamentos... como se a xente fora bondadosa por natureza e para sempre (por exemplo a familia de A camioneta da media risa deixárono pero non o abandonaron... sempre salvando. Pode permitir a burla nos animais Marcelo non me toma o pelo cando o pequeno engana ao grande, os mosquitos que teñen que picar en A Disco Ecoloxista pero acábano facendo como castigo ao mal comportamento no bosque.
Os únicos indicios de maldade ou crítica son os veciños rexoubeiros que non sempre aparecen.
Déixaos a todos ben aparellados, incluso aos mosquitos e mozos de A Disco Ecoloxista ou aos xoguetes de A bruxiña da sorte... e, na maioría, dos seus libros.
En Cando a autora fala de si de A aventura das cores, confesa que lle gusta imaxinar por dentro as persoas pero sobre todo soñar, soñar historias que logo vos poida, a través dos libros, contar. Das cousas que non me agradan, xa prefiro non falar.”

M de muller. Aínda mantendo certos estereotipos de nenas atentas aos coidados (axudan na merenda, preparar os agasallos...) xa van aparecendo as mulleres singulares (en O noso Pepe aparecen María Pita e Agustina de Aragón) e remata con Feminino singular en plural onde recolle as vidas de mulleres senlleiras. Recoñecer ao longo da súa obra o valor das mulleres, a discriminación á que foron sometidas, sempre cuestionadas a pesar de ser elas as abandonadas.

M de mestras. Na súa obra acostuman aparecer Mestres/as bos, atentos ás necesidades da rapazada agasallándoos con libros (na realidade) ou cunha boneca á nena pobre á que non lla traen os Reis Magos ou cando en Tita avisa aos pais das súas preocupacións, a profesora de Encontros ás agachadas axudándoos... Un verdadeiro recoñecemento á profesión docente aparecendo na ficción como artífices do ben, as que van axudando á rapazada en O noso Pepe, Tita, Encontros ás agachadas...
M da querenza pola miscelánea, esa unión de poesía e prosa que aparece nos primeiros libros, aqueles onde recompila os textos que utiliza na aula, pero que continúa mostrando a través da presenza de rima nalgún texto en prosa ou da mestura de narración e poesía en obras como Feminino singular en plural ou DO RE MI Fantasía. Tamén é común a utilización de xogos: adiviñas, pasatempos ou probas que introduce en varios libros como A bruxiña da sorte.

N de nai. O recoñecemento do valor da nai, esa muller que non pode estudar por ser muller pero que crea poemas e lles escribe e le as cartas aos veciños; nela está a coraxe das proxenitoras que turraron polas fillas para que nunca pasaran polos avatares que elas sufriron, para axudar a mellorar a condición de muller nun mundo gobernado por homes. Muller que sabe o significado profundo dos versos de Rosalía “viúvas de vivos e mortos / que ninguén consolarᔠe ás que Concha dedica o último poema de Feminino singular en plural nunha reviravolta de pluralidade que non deixa de ser singular.

N de As noites de Xián. Un libro magnificamente ilustrado por Dani Padrón, de tal maneira que podemos ver as casas navegando no mar nesa vila mariñeira na que Xián vivía e agora, na nova vila do interior, as casas colgadas das árbores; da mesma maneira, a imaxe da familia emigrando cos lotes e detrás de todo o neno co saco dos xoguetes achégannos unha interpretación tan lírica coma as palabras da autora e falan dun verdadeiro álbum ilustrado onde cada unha das expresión nos fai unha achega propia. O neno, acostumado a durmir arrolado polo son da ondada (como unha canción de berce) non é quen de durmir nesa terra afastada do mar ata que a lúa lle axuda a conseguir ese rumor que o acompañe. Publicado na colección Merliño de Xerais.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES