Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monseñor Rouco junior

martes, 08 de julio de 2008
Alfonso Carrasco Rouco é desde hai uns meses o novo bispo de Lugo. O seu apelido delata a súa ascendencia; sobriño do cardeal Rouco, prelado de Madrid, acompañou ao seu tío nesta diocese nos últimos quince anos, preparándose para ser bispo coma el. Posiblemente, máis como profesor de teoloxía que no traballo especificamente pastoral. Aparte do que puido facer eses anos en Madrid, a experiencia de cura do novo bispo reduciuse na súa diocese de Mondoñedo a un par de anos (1989-1991) nun equipo pastoral na Mariña lucense, do que eu tamén formaba parte.

Tan só leva tres meses de bispo, pero parece que xa ten descontenta a gran parte da súa diocese; particularmente o clero, dun e outro signo. A razón estaría, sobre todo, na pouca atención que semella prestarlle á súa igrexa diocesana, por estar moi ocupado en outros compromisos co exterior; pero tamén por ser correa de transmisión das polémicas consignas do seu tío, líder do sector máis conservador do episcopado.

A súa rotunda oposición á Educación para a Cidadanía é coñecida, na liña da postura oficial dos bispos; falouse del como autor dun documento pouco afortunado publicado recentemente polos bispos galegos. O domingo pasado, salientaban a este respecto unhas declaracións neste xornal, con rechamantes palabras en titulares: “A min sublévame que o Goberno me diga como teño que comportarme”, estrañándose de que as posturas dos socialistas non “subleven” a máis xente. Cun ton tipicamente paternal, Monsr. Rouco junior di que “nós, os cristiáns”, estamos contra a nova materia, sobre todo por aspectos relacionados “coa ideoloxía de xénero e os modelos de familia”.

Con todo, o “nós” debe ser un plural maxestático, non colectivo, porque moitos cristiáns si estamos polo labor, e non entendemos esa belixerancia dos bispos, máis que como a reacción numantina ante unha perda de poder social.

Pérez Prieto, Victorino
Pérez Prieto, Victorino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES