Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (V)

viernes, 09 de julio de 2021
I e L

I de ilustración. Son moitas as ilustradoras e ilustradores que teñen traballado con Cocha Blanco nos seus libros. Imos citalos, aínda que é seguro que deixemos algún ou algunha atrás: Xosé Díaz, Vizoso nos libros de Ediciós do Castro; Carolina, Daniel e Aleixo Díaz (os fillos de Xosé Díaz) tamén en Ediciós do Castro; Julio Gutiérrez, Cristina Losantos, Maife Quesada, C. Silvar, Manuel Uhía, Vicente Blanco –pode ser a súa primeira incursión neste campo, e unha das poucas deste artista de arte contemporáneo e profesor da USC-, F. Mantecón, Jesús Fernández, Elsa Liliana Vázquez, Enjamio, Xan López Domínguez, Ánxeles Ferrer, Fernando L. Juárez, Marisa Irimia, Evaristo Pereira, Orballo, X. Cobas, alumnado da escola de Igrexa Cacheiras (Poemas para pintar), Noemí López, David Pintor, Ana Santiso, Carmen Aguasca, Andrés Meixide, Dani Padrón, Olaya Naveira, Suso Cubeiro, María Brenn, Lidia Nokonoko...

I de irmáns. A importancia dos irmáns noas historias que conta en varios dos seus libros como A min que me importa!, Andrómenas?, A domadora de ras...

L de Lires. Ao lugar de Lires –onde naceu- volve na case totalidade das súas obras, citándoo, situando aquí aos personaxes, describíndoo con versos ou téndoo en conta á hora de dedicar a obra. Vexamos algunha mostra...
En O milagre de Carola aparece:
"LIRES
onde eu nacín aquel día." Así de simple e significativo.
Na dedicatoria de Quero que veñan meus pais:
"Para Lires, que foi o meu berce, por deixar que o vento do mar arrolase os meus soños."
En Sara:
"Lires sempre sería para Sara o seu lugar de referencia, no que nacera, ao que volvía sempre que lle era posible, do que presumía e o lugar que recomendaba a quen quixese experimentar e tocar o silencio e a paz".
Cousiñas prá escola, consta de tres partes, na terceira (que leva o nome de Lires) propón un traballo de investigación arredor dunha aldea calquera, utilizando como exemplo a súa, Lires; a modo de presentación para os equipos de traballo que van realizar a pescuda, escribe:
"A resumida historia desta pequena aldea (...) pódevos servir de espello para faceres a historia sinxela dos vosos pobos, que fixeron de berce na vosa nenez. Esas aldeas que poucos coñecen nin senten interese por elas.
Sodes vós, soio vós, futuros homes e mulleres de mañán quen debedes de senti-la necesidade de que sexan pobos vivos en percura do desarrollo en tódolos seus aspectos"

L de lectura e o seu fomento. Defendendo a lectura e os libros:
En A camioneta da media risa a dedicatoria:
"Para ti...
Amiga e amigo que me fas ditosa cando ó
leres os meus libros vexo
na túa faciana un sorriso
de ledicia, un aceno de sorpresa,
unha bágoa de tenrura. Iso indica
que xa estás metido no fantástico mundo
dos libros.
Cando eu era pequena deixeime
atrapar por eles. Léndoos podía soñar, vivir
aventuras, viaxar. Esta é a causa de que
agora escriba libros para ti,
para que poidas senti-lo que eu son eles sentín."
En O aniversario de Ana o pai agasállalle cun libro "Os meus contos preferidos" cos tradicionais, nesta historia relataranse dous contos cunha magnífica adaptación galega, a Cincenta é unha nena co pai na emigración e a nai que marcha a coidalo mentres a tía e as primas a machacan e o o “gato con zocos” que se conta o modo de cantar de cego, en libro de adultos fálase dese conto do gato con botas que axuda ao fillo do muiñeiro mentres que o gato Boris axuda á protagonista de O balcón do meu universo.
El gato con botas
foi o primeiro libro de seu, agasallo dunha profesora que coñecía ben a súa afección pola lectura” en Cando a autora fala de si de A aventura das cores.
A dedicatoria de A min que me importa!
"Para ti...
Porque sei...
que non che importa que chova
pola noite cando vas durmir,
que non che importa que chova polo
día cando non pensas saír,
que e non che importa quedares
na casa cando tes para ler
unha historia que che fará sorrir.
Por iso escribín este libro,
porque a min si que me importa
o que che importa a ti."
("Por Inés podía seguir chovendo. Foi ese día cando se dou conta da importancia que teñen os libros e de que o tempo libre non é para aburrirse"). En Cousiñas pra escola.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES