Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visualizando o concepto de gilipollas

miércoles, 07 de julio de 2021
Se hai un insulto curioso para min, ese é o de gilipollas. Máis que un insulto paréceme unha actitude moi complexa de definir. Coido que nalgún momento da nosa vida, todos actuamos como gilipollas, sen que iso signifique que o sexamos. Coido, tamén, que hai gilipollas de por vida pero (como é unha actitude complexa e subxectiva) son difíciles de identificar.

O caso é que a semana pasada vivimos un momento único, no que puidemos identificar meridianamente un grupo de xente nova en Mallorca, actuando como auténticos gilipollas. Isto (como xa dixen) non significa para nada que este grupo de rapaces sexan gilipollas senón que, ante un confinamento sanitario enmarcado nunha pandemia mundial, actuaron como auténticos gilipollas; constituíndo un exemplo xenuíno e peculiar de gilipollez. A partir de aquí, teño que dicir que cavilei moitas veces no que eles esgrimen como argumento: isto é moi longo para a xente nova e necesitan un esparcemento. Agora ben, estando ás portas do fin, facer isto son ganas de expoñerse publicamente. Miña avoa sempre dicía aquilo de "por unha presa de fariña, que non queden as papas soltas". Pois ben, levamos ao lombo un número infindo de renuncias que pesan como lousas pero a saída xa está aí. A luz ao fin do túnel cada vez é máis grande e só conductas imprudentes poden tapiala.

Ademais disto, a maior gilipollez (por certo compartida con outros personaxes públicos teoricamente adultos e maduros) é reclamar liberdade cando un goberno estate intentando protexer sanitariamente, quizais a pesar de ti mesmo. A pesar de ti mesmo, que estás aproveitando a situación para facerte notar e gañar relevancia a costa de proxectar unha imaxe propia bastante penosa.

Non sei ben o que quedará despois da pandemia. Camiñei do optimismo ao desasosego e vou camiño do escepticismo pero coido que, persoalmente, me vai ser máis doado identificar xente exercendo de gilipollas incluíndome a min mesmo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES