Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Río: Si ti foras prado' (2)

viernes, 02 de julio de 2021
A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA

Río: si ti foras prado,
eu sería canta
no teu esmaraño.

Prado: si ti foras río
eu sería estrela
no teu cilanquiño.

Nin río nin prado:
Veleí vai o día
sin treu nin engazo.

Na segunda tercerilla volvemos estar na mesma situación de dificultade por non saber tampouco quen dialoga
"...si ti foras río
eu sería estrela
no teu cilanquiño".

e o problema aumenta ao non saber o significado de "cilanquiño", a R.A.G. non contempla ese significado pero, se acudimos a R.A.E. vemos como "cilanco" é un substantivo masculino referido a un "charco que deja un río en la orilla al retirar sus aguas, o en el fondo cuando se ha secado".

Polo tanto pode ser, entre outras posibilidades, que o prado lle diga ao río que se efectivamente fose río, o prado sería unha estrela reflectida nunha poza da beira do río cando este se retira da súa enchente, moi usual na nosa Valuria. Aínda que o que nos parece é que o autor quixo xogar connosco ao non saber, a ciencia certa, quen é o que fala: o río e o prado, o autor, o día etc., non obstante, aparece unha primeira persoa nos segundos versos pronominalizada nun "eu" que pode ser o poeta que está por enriba de nós, que, como un deus nos move como se se tratase de marionetas ou monicreques.

Na primeira tercerilla parece como se o poeta dialogase co río dicíndolle que en caso de ser prado, o poeta? ou o mesmo río? sería como unha canción no seu esmaraño ou no seu percorrer de río

Poeta 1 - Río 2 - Prado 3 - Canta

1. Dialoga
2. Se fose
3. Sería

Na segunda tercerilla dialoga co prado indicándolle que en caso de ser río, sería como unha estrela reflectida na poza que queda despois das enchentes

Poeta 1 - Prado 2 - Río 3 - Estrela

1. Dialoga
2. Se fose
3. Sería


SEGUNDO FRAGMENTO
"Nin río nin prado:
Veleí vai o día
Sin treu nin engazo".

Se as dúas tercerillas parten dunha oración condicional, entendida como unha posibilidade de conversión por parte de alguén en "canta" e en "estrela", cérrase esa especie de siloxismo da seguinte maneira:

Nin A=río / Nin B=prado
senón C=día
(sin treu nin engazo)

O poema cérrase negando as posibilidades de transformación ou de metamorfose: de río en prado ou de prado en río mediante un adverbio "Veleí", moi propio para presentar a alguén, neste caso para presentar ao día que pasa, que transcorre temporalmente, mais tamén pode no discurso referirse a varios enunciados, expresando un valor causal; é dicir, xa está ben de parladoiros porque o tempo pasa e o día acábase sen darnos conta cando descubrimos que o noso diálogo pode construírse sobre banalidades sen importancia e non paga moito a pena tratalas diante da procura do tempo, que hai que empregar en cuestións importantes porque "tempus fugit".
"sin treu nin engazo"

que nos leva a outra derradeira dificultade. Que significa treu?. Estes son os problemas que se atopan diante dun idioma sen normalizar porque pode ser "treo": "velame dunha embarcación", ou pode ser "trelo": "corda grosa, longa ou adival". Nosoutros pensamos que é unha frase chairega referida ao mundo do campesiñado por "adival e engazo", o adival podería ser unha metáfora do río e o engazo estaría referido ao prado, pero tamén "treu" pode ser o velame dos barcos que baixarían ou subirían polo río.

Resumindo, é un poema cheo de dificultades, como todos os de Francisco de Fientosa, e que moi posiblemente quixese deixarnos nesta situación de "impasse" ou de calella sen saída, ou quizais de procura a todos os que leramos este poema para indicarnos que, ás veces, aínda que non sexa moi volumimoso o número de contidos, pódense xerar tamén moitas dificultades, chegando incluso a xogar co mesmo lector. O que isto escribe, ao mellor tamén intentou xogar con Vostede, lector. Teña moito coidado e precaución e non crea todo o que aquí se escribiu.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES