Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un mundo feliz

jueves, 01 de julio de 2021
Pode que alguén estea pensando que un mundo feliz non deixa de ser unha utopía e pode que teña a súas razóns para pensar así.
Hai persoas ás que, realmente, a vida se lles fai costa arriba.
Hai persoas ás que lles vai moi ben a vida e non son conscientes do ben que lles vai.
Tamén pode haber persoas ás que unhas veces lles sorría a vida e otras lles poña cara moi seria.
En fin...
Sexa como sexa todos estamos chamados a ser felices co deber de facer o posible para construír un mundo feliz.
Eso si, todos sabemos que a felicidade perfecta nesta vida non existe, nin pode existir porque PARA EXPERIMENTAR A FELICIDADE CÓMPRE BOTALA EN FALTA ALGUNHAS VECES.

Así pasa con todo:
-Para sentir a sensación de fartura, hai que ter fame.
-Para disfrutar do vaso de auga fresca un día de calor, hai que ter sede.
-Para aprender, hai que sentirse ignorante.
-PARA DISFRUTAR A FELICIDADE, HAI QUE PASAR MOMENTOS DE AMARGURA...
O YIN YANG da vida.

Daquela, poderíamos preguntarnos:
¿Estará a felicidade ó alcance de todos?
Eu coido que si, cómpre buscala de todo corazón.
A felicidade estará ó alcance de todos na medida en que todos fagamos felices ás persoas que nos rodean; pero ser feliz non significa ter de todo nin estár sempre a proba de bomba.
A vida, como a natureza mesma, tan altos e baixos; para disfrutar dos vales hai que pasar algún tempo na alta montaña e viceversa.

Tamén é certo que a felicidade, como todo na vida, hai que traballala.
CULTIVAR A FELICIDADE A VECES É MÁIS DIFÍCIL QUE CUTIVAR O PAN DE CADA DÍA.
Por eso hai persoas que tendo todo tipo de bens materiais, non se senten felices.
¿Por qué será?
"PORQUE NON SÓ DE PAN VIVE O HOME", dixo Xesús de Nazaret, o Salvador dos Cristiáns.
Cómpre aspirar ós BENS DE ARRIBA, renunciar ós nosos egoísmos persoais, sacrificarnos por levar unha vida digna, esforzarnos por facer felices ós demais...
Afortunadamente hai MOITAS PERSOAS que LOITAN por un mundo feliz porque:
-Hai moitas PERSOAS HONRADAS, FORMAIS E FORMADAS.
-Hai moitas persoas que se esforzan por levar unha vida DIGNA.
-Hai moitas persoas que saben COMPARTIR do que a vida lles dá con outras persoas que teñen menos.
-Hai moitas persoas que CUMPREN FIELMENTE como pais e nais de familia.
-Hai moitos fillos que AMAN E RESPECTAN ós seus proxenitores.
-Hai moitísimos DOCENTES QUE ENTREGAN A SÚA VIDA á docencia para que esta constrúa ese mundo feliz que desexamos.
-Hai moitos profesionais da medicina que non regatean esforzos por SALVAR ÓS SEUS PACIENTES E PRODUCIRLLES FELICIDADE.
-Hai profesionais de todo tipo de MOITA TALLA PROFESIONAL E HUMANA.
-HAI MOITAS PERSOAS QUE CUMPREN RELIXIOSAMENTE CO SEU DEBER.
-Hai moitas persoas que LEVAN ALEGRÍA onde hai tristura.
-Hai moitas persoas que POÑEN PAZ onde hai querra.
-Hai moitas persoas que POÑEN AMOR onde hai odio.
-HAI MOITAS PERSOAS DE BEN.

Nestas datas de verán será un bo momento para que moitas persoas poidan tomarse uns días de descanso e recuperar forzas para ser máis felices.
Para outras será un bo momento para reabrir o seu negocio que lles permita recuperar a felicidade de ter un bocado de pan para levar á boca.
Posiblemente outras poidan encontrar un posto de traballo que reanime a súa economía e lles produza moita felicidade.
As posibilidades son múltiples. Cadaquén debe buscar o lugar que ten reservado para realizarse persoal, laboral e socialmente.
Un mundo de posibilidades para ser felices, non porque posúamos a felicidades completa, senón porque encontremos o verdadeiro camiño que leva a ela.

"FACENDO CAMIÑO"
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES