Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O EURO QUE MATOU Á ESTRELA DA PESETA

miércoles, 03 de octubre de 2001
Xa restan poucos días para a chegada da moeda máxica, a palabra máis pronunciada dos últimos tempos, as catro letras por excelencia. Dende hai varios anos os medios de comunicación, os axentes sociais, as administracións públicas, o mundo das finanzas, as axencias de viaxes, os centros comerciais, as multinacionais de informática e sistemas e agora tamén as pemes, nos lembran repetidamente tan singular acontecemento. Todos, dun xeito ou doutro xeito, fan referencia ás múltiples consecuencias que conlevará para a nosa existencia a chegada desta nova moeda que tanto tempo levamos agardando, coma se do fillo máis desexado se tratase.

Ante esta choiva informativa, que en moitos casos xa está a producir unha certa ansiedade e tamén máis dun quebradeiro de cabeza para o que ainda non fixo o esforzo de adaptarse, as dúas consignas máis repetidas e aconselladas polos expertos son mante-la serenidade e non agardar a que remate o presente ano, senon aproveitar os recentes cambios propiciados polas entidades financeiras e pola Seguridade Social para apostar sen máis demora pola transición á nova moeda.

Ao longo de toda Europa, como nos lembra Marcelino Fernández Mallo, un dos máis reputados euroexpertos de Galicia, múltiples conferenciantes levan xa tempo esforzándose por convencer ós seus auditorios de que o proceso de Unión Monetaria é un episodio de grandes dimensións, que ven sendo calificado de "fito histórico, cambio trascendental, acontecemento sen precedentes, transformación radical...". O labor de divulgación está a ser, pois, imprescindible para conseguir que tódolos cidadáns da Unión Europea se identifiquen sen paliativos coa nova moeda. Esta insistencia en apostar pola formación e pola comunicación, trasladada ó eido da empresa, require basicamente dúas accións estratéxicas prioritarias: informar ós clientes e formar ás persoas da organización.

No que respecta ós cambios tecnolóxicos, estes son moi diferentes, evidentemente, en función do tipo e do tamaño da empresa. Comézase a afondar no tema a finais de 1997, cando as publicacións especializadas en informática abandoan un pouco o tema do reiterado efecto 2000 en beneficio da moeda europea, pois ata entón o euro non era máis que un problema político ou económico. Hoxe en día multiplícanse os estudios e informes que sinalan á nova moeda coma vantaxe competitiva fronte a terceiros, trasladándose isto na práctico a feiros concretos, coma unha elevada porcentaxe de empresas xa adaptadas ou, sen ir máis lonxe, a actual disponibilidade do símbolo euro no material hardware da maioría das organizacións dende hai cáseque tres anos.

Parece inevitable por outra banda, que en breve tamén seremos arte e parte do que se da en chamar cambio social do euro. Superada a primeira fase do efecto psicolóxico, que algúns entendidos estiman nun promedio de seis meses, de súpeto decatarémonos dos verdadeiros cambios, especialmente cando deixemos de empregar expresións ata agora cotiáns en referencia a isto ou aquilo, coma "non vale un peso" ou "Don Fulano é millonario", termo que desaparecerá da nosa linguaxe coloquial para ser substituído polo de milenario.

Dicimos adeus á peseta, que foi a nosa unidade monetaria oficial dende 1868, e damos a benvida ó "planeta Euro", en expresión de Carmen Tomás. Porque falla menos tempo para que, calquera día a volta do traballo, nos vexamos axudando ós nosos fillos a enfrontarse coas matemáticas resolvendo problemas, por suposto, en euros.
Paz, Moncho
Paz, Moncho


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES