Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pontecaca, para cando Corucaca?

miércoles, 09 de junio de 2021
Queixeime en varias ocasións do incivismo dos donos dos cans que van espallando a merda polas beirarrúas. Hei de recoñecer que serviu para pouco pero, tamén hei de dicir que saúdo a iniciativa da cidadanía de Pontevedra ao crear unha web para denunciar os excrementos caninos que se deixan pola rúa.

A esta iniciativa puxéronlle "Pontecaca" e eu, que vivo na Coruña, vexo de extrema necesidade un "Corucaca". Moitas veces non se sabe se o que ten o can o ten para complementar a súa identidade de porco, xa que é do que exerce publicamente cada vez que pasa de recollerlle os excrementos.

Isto aquí en Montealto pasa todos os días, chegando ao límite de atopar o "agasallo" mesmo diante do portal. É unha cuestión de incivismo puro e duro que creo que debería empezar a ter consecuencias.

O "Pontecaca" e os sucedáneos que poida ter son iniciativas cívicas da cidadanía, pero eu quero recordar que existe unha policía municipal que ten capacidade sancionadora e a obriga de manter a orde. Ao igual que se atende e sanciona cando unha persoa fai na rúa algo incívico, deberíase vixiar e sancionar a quenes deixen na beirarrúa o rastro orgánico da súa mascota.

Así mesmo fan falla campañas de concienciación e visibilización do que xa é un problema cívico compartido por moitas cidades.

Ante esta realidade desexo un "Corucaca" pero desexo aínda máis que estas páxinas, hoxe necesarias polo incivismo da cidadanía, fiquen obsoletas por falta de uso...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES