Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Estou que...

viernes, 04 de junio de 2021
Estou que rabexo porque non sei medir o tempo, nin ás veces consigo cinguirme ó silencio. Estou que me parto coa risa porque hai dous días que lle cuspín catro palabras e tres acenos ó Nazareno e non me fixo nin caso. Nin tan sequera me mirou de esguello. Pingas de Orballo: Estou que...Seguiu cravado na cruz e eu imaxinando que se botaría a correr. Rin a gargalladas cando notei que xa nunca máis se baixaría de alí. E como non me apetecía perder o tempo, logo da risa, entroume o cabreo e eu si marchei correndo.
Estou que rebento de carraxe, ou máis ben de mágoa, porque en Carolina do Sur queren recuperar o pelotón de fusilamento para axilizar a pena de morte. Os nazis metían á xente en cámaras de gas para aforrar tempo e balas e... o caso é matar, sexa dunha maneira ou doutra. Crémonos deuses e facemos o que nos dá a gana.
Estou que boto lume polos ollos porque non podo ser Superman ou Batman ou Spiderman ou calquera heroe de cómic. Se o fora, tamén sería ese deus que faría e desfaría ó meu antollo. Nas cámaras de gas fusilaría a todos eses demos que levamos dentro. Despois, claro, partiríame de risa vendo como os corvos, polo día, e os lobos, pola noite, levarían a cabo o ritual de vive e deixa vivir. Mentres, o Nazareno segue de brazos abertos e sen dignarse a baixar da cruz. Cada un que se busque a vida como poida, pensará el. Díxose sempre: uns nacen con estrela e outros estrelados; uns rin e outros choran; uns berran e outros calan...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES