Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Revitalizar o rural

jueves, 03 de junio de 2021
Desde tempos antigos ata a actualidade, os poetas deixan escrito moito e moi bonito sobre a vida campestre.

Desde tempos inmemoriables, os médicos recomendan aire puro e vida relaxada no campo.

Desde sempre véñense facendo excursións ó campo, á montaña e incluso as romarías teñen un carácter campestre ademáis de relixioso.
O certo é que á hora de falar do medio rural como medio de ocio saudable, ninguén o pon en dúbida.

Outra cousa ben diferente é: traballar o campo, vivir do campo e no campo…
Os nosos antepasados deixan traballado a brazo partido durante moitas xeracións porque era todo manual.
Noutros tempos, era o medio de vida que había e a xente desvivíase por un anaco de terra.
Hoxe en día moitas terras están a barbeiro, moitas casas de labranza ameazan con ruina e doutras xa non queda rastro…

A era industrial cambiou todo e a dixital tamén o cambiará.
Por outra banda, chegamos a unha saturación total no medio urbano fronte a unha desertización total no medio rural.

Deixamos de traballar os nosos campos para traer productos da fin do mundo onde se producen a prezos moi económicos e, a primeira vista, parece que
saen a conta.
Pode que saian a conta, económicamente falando; pero…
¿CAL É O SEU COSTE A NIVEL DE CONTAMINACIÓN POR TERRA, MAR E AIRE PARA TRANSPORTALOS DESDE O LUGAR DE ORIXE ATA O LUGAR DE CONSUMO?

Os entendidos din que o noso planeta está en perigo por esas e outras razóns.
Por eso se fala do cambio climático, das medidas que os governos están a punto de tomar…
Moita falta fai…

Moita falta fai que todos tomemos conciencia de que no rural están as nosas raíces, no rural e no mar está toda a materia prima que nos pode permitir vivir con dignidade.
Do que se trata é de calidade de vida.

Para ter calidade de vida no medio rural, este ten que ter os servizos básicos que o permitan:

VIVENDA DIGNA, que hoxe en día están moi ben acondicionadas e a prezo máis económico que uns pouco metros cadrados nas urbes.
Hoxe en día tódalas casas teñen auga na casa, luz eléctrica, teléfono, acceso a internet e outros servizos…
Unha vivenda con espazo para xardín, para o cultivo, para tomar o aire, para disfrutar da sombra no verán, para comer froita con sabor.
Unha vivenda con vistas ó horizonte para soñar…
Unha vivenda sen ruidos.
Unha vivenda sen veciños que molesten nin ós que molestar.
Unha vivenda con espazo para garda-lo coche, para garda-la moto, para garda-las bicis…

UNHA VIVENDA CON INTIMIDADE E PERSOANALIDADE PROPIA.
Todas estas ventaxas tamén teñen un prezo; mellor dito: hai cousas que non teñen prezo porque non hai cartos que as paguen…
Certo que faltan moitos servizos, pero se hai povoación, haberá servizos.
Co gallo da pandemia, non foron poucas as familias que optaron por volver ó medio rural e tele-traballar.
Outras montaron as súas granxas.
Outras recuperaron os seus muiños.
Outras recuperaron os teares.
Outras recuperan oficios que estaban a pique de extinguirse.
Outras aproveitan as terras.
Outras optan por vivir no campo e desprazarse a traballar ás inndustrias ou ós servizs das cidades.
Outras…
E moitas son persoas con estudios.
A verdade é que hoxe en día os estudios fanse necesarios para todos tanto na na vida urbá como na rural.

NO MEDIO RURAL TODO É APROVEITABLE: o que non consumen as persoas, consúmeno os animais e o que non, vai para aboar a terra.
Agás os plásticos que non son biodegradables.
Afortunadamente xa se están introducindo productos biodegradables no mercado.
Tamén é ben certo que as aldeas de hoxe en día, as que están habitadas, non se parecen moito ás dos nosos antepasados.

¡SE ERGUERAN A CABEZA OS NOSOS AVÓS, NON AS RECOÑECERÍAN!

O MUNDO RURAL TAMÉN EVOLUCIONOU E MOITO MÁIS QUE EVOLUCIONARÍA SE AUMENTARA A POBOACIÓN EN IDADE DE TRABALLAR E FORMAR NOVAS FAMILIAS.

Porque o medio rural necesita urxentemente relevo xeracional.

SOMOS UNHA SOCIEDADE AVELLENTADA E LONXEVA; POLO QUE O RELEVO FAISE IMPRESCINDIBLE.
O medio rural precisa savia nova que renove a maneira de vivir no rural adaptándose ós tempos que nos toca vivir.

"OS TEMPOS SON CHEGADOS"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES