Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Calquera noite vai saír o sol

viernes, 21 de mayo de 2021
'Qualsevol nit pot sortir el sol', cantaba Sisa a canción creada no abrente da democracia que se albiscaba ao final do túnel. Varias décadas anos despois todo pode rematar nun xigantesco desencanto. Onde fomos perdendo o da "miña casa é a vosa casa / se é que hai casas dalguén?" Onde quedou o intento de encher a "casa de cores e de perfumes / das tristezas faremos fume"? Sucederá unha pandemia de tristura, de enfermidades mentais a tantos meses de medos soidades e coronavirus?

Ían chegando á festa os invitados, héroes do cómic en momentos inesquecibles da nosa vida cando remataba a "longa noite de pedra", cando as cores grises vestíanse de cor. Carpanta e Peter Pan, Blancanieves, Pulgarcito e Gulliver, Astérix, Charlot, Doña Urraca e Frankstein, Bambi e Moby Dick, Cocoliso, Guillerme Brown... Á festa da democracia nesa casa común todos estabamos invitados. Ti, tamén eu. Daquel inferno de tristeza a esta festa da alegría.

Que foi da casa, da festa, dos perfumes, da comida, das cancións? invitados indesexados coparon o salón da democracia. Con desesperanza crecente percatámonos de que os nosos políticos non están á altura dos problemas que vive o país. A xente está farta deles, das súas liortas, do cainismo e da ineficacia. Semellan ocupar o 50% do tempo en inflar a propia imaxe e o outro 50% en destruír a do adversario. Daquela, canto dedican aos problemas da xente, a manter acesa a esperanza dos desesperanzados? Outros arruinan directamente a cea e a festa.

'Cada día ten o seu afán...' (Mat. 6:34) recorda a aquela igrexa oficial, tan invisible cando necesitamos boas noticias, evanxeo en grego. Pero cada día trae un novo escándalo que arroiba, unha loita polo poder, as súas prebendas redes clientelares. Presidentes, presidentas con complexo de embigo, incapaces de afrontar os problemas de todos, de mostrar lealtade coa xente do común.

Non sairá o sol ata que estean no cárcere individuos de moral distraída que amargaron a festa, que saquearon as ilusións e roubaron o futuro a tantos mesturando política e economía na lameira da corrupción. Agora entendémolo ben. Velaquí o mellor vademécum da crise: unha xigantesca estafa. Vendéronnos ilusións e mercamos desencantos. Agora, en tempos de pandemia, de enfermidade, de morte, de vacinas, non están á altura. Mentres escoitamos a emocionante canción de Sisa, 'Qualsevol nit pot sortir el sol'. E preguntámonos se, a pesar de nós mesmos, pode saír o sol.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES