Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xaquín de Roca no seu 84 cumpreanos

jueves, 20 de mayo de 2021
Xaquín Campo Freire é o noso amigo, párroco, educador, mestre, confidente, ganduxador de vidas para crear e animar as comunidades.

Fixeches e fas que nos sintamos fachendosos da nosa identidade.

A través de moitos estudos, desde hai 25 anos,disnos de quen vimos sendo, lembrando os nosos vencellos ancestrais. Por exemplo, Concepción Arenal, que por liña materna vén do avoengo dos Mandiá. Unha parroquia acolledora, onde ninguén se sente estraño.

Que agradecidas e agradecidos che estamos polos cursos de psicoloxía, espiritualidade, evanxeo, teatro, Escola de Saúde, etc.

Dis moitas veces que ser boa persoa é unha decisión persoal que un debe tomar. Ti tomaches esa decisión "Es boa persoa". Xaquín, cumpres oitenta e catro anos. E es un exemplo de vida para nós.

Lembras moitas veces aos teus pais e sobre todo á túa nai. Eles xa están con Deus, o Noso Señor, e coa nosa Nai María. E estannos a dicir que se senten orgullosos do seu fillo Xaquín.

Es un grande defensor da muller, da igualdade, da xustiza. Sen igualdade non hai xustiza. E sen xustiza non hai igualdade. Estás plenamente convencido.

Tamén defendes e usas sempre a nosa doce lingua galega. Non por fanatismo. Por coherenza. As linguas son para atendérmonos. Todas as linguas e as culturas de todos empezando sempre polos pobres e perseguidos son dignas de ser aprendidas, comprendidas e respectadas. Sen respecto ás linguas e culturas dos pobres non hai liberdade de expresión para o pobre. Se non pode falar no que sabe de seu ante quen sexa xa é un/unha asoballada. Os poderosos sempre obrigan a falar no que eles impoñen. A través de ti querémoslles a todos moito máis, empezando polos de abaixo, e así todos nos entendemos mellor.

Naciches en Roca, en plena primavera.Un signo de crecemento e vitalidade.No mes de maio, o mes da Virxe María e das flores.

Pertences á Terra Chá. Terra de tantos poetas e escritores Díaz Castro, Manuel María, Marica Campo. Etc.

Xente boa, como Manolo Regal Ledo, Pepe Chao Rego, Bernardo García Cendán...

Terra de música e teatro. E de cregos dos bos, Uxío García Amor, Xosé Manuel Carballo e, por suposto, ti Xaquín de Roca, onde hai dous ríos: o Roca e o Parga, que despois de pasaren xa unidos pola Pastoriza do Sant’Alberte, van dar ao pai Miño, aló pola Santa Isabel de Manuel María. "Da serra de Meira á Guarda mareira"

Xaquín, ti es coma unha luz que se acende e alumea na vida do noso camiñar. E cando nos entrecruzamos, polo que sexa, ti has loitar por tecer ganduxos de entendemento entre nós para sermos máis libres e crearmos comunidade: "Amigos nas penas e na festa amigos". Así cantamos e xa non estamos sós.

Es un bo Pastor. Coidas de todas e todos, nenos, mozas e mozos, vellos, eivados e doentes. E aos que están presos levámoslles ansia de verdadeira liberdade para unha segunda, terceira, etc., oportunidade. Por encima de todo ensínasnos a respectar a dignidade da persoa e que nos queiramos igual que nos quere Deus o Noso Pai.

Igual ca Xesús no evanxeo, ti disnos e repites tantas veces que non teñamos medo. Achégasnos a Xesús, a Deus, a María.

Nunca te rendes. Ollas sempre cara adiante coas luces largas e sabes ver e crear esperanza. E así nolo transmites. Sabes encher os anos de vida. Un grande exemplo.

Non canses. Unha aperta.
Espiñeira Medín, Nieves
Espiñeira Medín, Nieves


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES