Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Ante a flor de Toxo

martes, 18 de mayo de 2021
Comín cereixas a fartar. Estaba morto de fame. Morto non, pero case. Levaba tres ou catro días sen comer. A verdade é que xa perdera a conta. Resulta que nun dos meus paseos atopeime cunha flor de toxo e quedei de pasmón contemplándoa. Tal como o conto. Non deixei de mirala e non fixen outra cousa. Así durante tres ou catro días. Xa digo que, ó final, perdín a conta. E nin é broma nin esaxero. Simplemente miraba para a flor de toxo e non souben reaccionar.
Sabía que pola noite non a vería ben; pero tamén sabía que logo da noite chegaba o día e seguiría a brillar diante dos meus ollos. Porque a flor de toxo brillaba. Vaia se brillaba! Brillaba tanto que chantei os pés na lama e de alí non me movín en tres ou catro días. Oía como me chamaban, pero eu nin caso. Oía como me asubiaban, e exactamente igual. No segundo ou terceiro día xa empezaron a afoutarme, a alentarme e aí si notei como algo semellante ó orgullo subía polo meu peito. Houbo algúns que, ó principio, levábanme de beber e de comer. Logo desistiron, porque nin botaba un trago nin daba un bocado.
No terceiro ou cuarto día non sei moi ben que pasou pero o caso é que me movín. Penso que foi porque un refacho de vento moveu o toxo. Co toxo bailou a súa flor e, aí, precisamente nese momento, notei como deixaba de ser pasmón ou paspán. Movinme e collín camiño da casa. A xente, os fans apartaban en silencio. Cando cheguei, comín cereixas a fartar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES