Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bágoas no ermo

viernes, 14 de mayo de 2021
Cando escribimos soñamos que as nosas verbas sexan flores de esperanza. E vertemos a nosa ialma, coa ilusión de que os pensamentos florezcan nas xentes que nos escoitan, e co desexo de que o seu porvir sexa fructifero e feliz. Non embargantes, moitas veces, o desánimo prende en nós, froito das experiencias que nos plantexa a vida, e, sobre todo, vendo a deriva da sociedade, máis atenta a miles de parvadas que a analizar o futuro que calquer pai desexaría para os seus fillos.

E por iso pensamos que as nosas bágoas son auga no ermo da vida, e que se perden no chan sen producir un mínimo de esperanza. E ben sabemos nós que non poseemos a verdade absoluta, nin siquiera relativa, pero si sabemos que a verdade que cada un ten está na súa sinceridade. E diso hai certeza absoluta.

Por iso coidamos, aqueles que xa peinamos canas, de analizar o mundo que nos toca vivir e , sendo conscientes que nos vamos desfasando, tamén podemos pensar que os vieros da sociedade na que nos atopamos abócanse ó precipicio. Non, non termamos por nós, porque o noso futuro seguramente poidera ser corto, senón por ises nenos cós que xogamos e que nos fan sorrir alleos ó seu porvir.

E hai cousas que necesitan claridade meridiana: O mundo non pode seguir vivindo obsesionado cos cartos e a vida artificiosa na que se atopa inmerso. O mundo necesita unha maior xustiza social na que se antepoña o benestar colectivo o individual. O mundo require unha operación de respeto da natureza e reparar as feridas producidas pola codicia humán. O mundo debera cambia-los roles sociais e, nunha atmósfera de libertade, primar a ciencia e a investigación por riba de ideoloxías políticas. O mundo reclama unha fraternidade para toda-las relacións humanas que supere arcaicas e artificiosas líneas de separación fronteirizas e xenófobas posturas de marxinacións de distintos e diferentes. O mundo require solucións, respeto e solidaridade.

Dito isto como a miña verdade, é dicir, con sinceridade, cómpre botar unha ollada á sociedade e atopamos moita xente desnortada, valeira, superficial e sen estimulos para vivir unha vida plena na que se sinta satisfeita do seu labor. Agora xa non valoramos ós sabios, que se convirten en misántropos, porque a nosa soberbia impídenos achegarnos as fontes de auga limpa. Agora preferimos o verniz cultureta, nin siquiera cultural, que sacrificarnos no estudo e na investigación. Os verdadeiros e admirables científicos resultan, para moitísima xente, seren raras aves, e prefiren perde a vergoña por adorar a Messi, en vez de recoñocer o mérito de calquer investigador. A necedade amosa , unha vez máis, a súa face. Fixémonos así de parvos.

Nin que dicir ten que Bosé ou Victoria Abril opinen sobre o covid. Son só dous tristes exemplos da dinámica na que nos desevolvemos. Nin siquiera reparamos en que os berros alporizados dos rapaces novos confundindo borrachera, desmadre ou anarquía con libertade, os poida encamiñar a votar opcións demagógicas, que representan precisamente a opresión histórica. Moitos dos rapaces novos ó mellor creen que un dictador é un caudillo liberador. Son os froitos dunha educación permisiva, laxa, escasa e incoherente, onde a disciplina está de baixa. E non de agora, senón de fai moito tempo. E así nos vai.

Mais nada é gratuito niste mundo de aproveitados- só o amor, e non está moi ben visto( sempre foi cousa de "parvos"). Por iso cada persoa aprende dos maestros que ten. E cando nas universidades se venden títulos, os másteres non se estudan e son gratuitos para os políticos, o curriculum invéntase ou resulta falso, os folgazáns apúntanse ó partido sen que nunca traballaran en algo productivo ou só no servicio do partido, roubar convirtese nun peldaño na carreira política, a corrupción non paga peaxe, xentes con escaso bagaxe educativo imparte clases de libertrad, democracia, dereitos humans... é posible que non sexan de fiar. E toda ista morea de xente goza de carnet, e cobra ben e ten dietas, inmunidade, sexa dun partido ou doutro, lexisla no Congreso dos Diputados e as súas decisións repercuten na nosa vida, entón hai razóns para preguntarse se vamos ben.

Despois están, ou estamos, o resto dos ciudadáns inmersos nisa voráxine de redes sociais en loitas caínitas de crispación, descalificacións, insultos, fartos de mentiras e infundios, terxiversacións, ameazas e con algúns dispostos a roubar isa libertade de expresión pola que outros loitamos desde tempos xa lonxanos.

Non, nosoutros non xogamos a ise macabro xogo de enfrentamento nin de descalificacións; nin pedimos leccións de libertade, senón respeto para a nosa; nin abogamos por ningún partido, senón que requerimos deles actitudes dignas de respeto; buscamos claramente cambios para unha sociedade enferma, cativa e valeira de valores e personas que exemplaricen.

E, por suposto, pensamos no futuro das xeneracións e queremos curar as feridas dista sociedade enferma, sempre con razóns e boa vontade.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES