Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ler cos pés

miércoles, 12 de mayo de 2021
Dicía Quintín Cabrera que "las ciudades son libros que se leen con los pies".

Pois ben, cada vez teño máis ganas de empezar a ler cos pés aínda que no meu caso, lería a catro rodas... O caso é que as ganas de viaxar, de rir, de bailar (isto si, de pé e corpo a corpo), de cantar, de troular e de coñecer xente nova para tela preto sen restricións cada vez son máis intensas en min e imaxino que en moitas persoas.

Estamos na última batalla e temos que vacinarnos (cada un cando lle toque) para que o sol volva saír no albor dun día de festa, un día agardado no que o noso corazón se desconfinará. Ese día quero que sexa o primeiro de moitos para ler cos pés cidades novas e viaxar por todos os soños nos que resistín.

Merecemos un albor novo, merecemos ler cos pés e abrazar humanidade; quizais, é a vacina que nos resta, a que poña fin ao medo e o silencio.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES