Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos os días comemos con Isaac

martes, 04 de mayo de 2021
Todos os das comemos con Isaac Agora que xa remataron de publicarse as mandas a Isaac, convén non esquecer unha frase que me enviou alguén como resposta a un enlace para que lera unha manda no blog "Unha manda de pezas para Isaac". "Todos os días comemos con Isaac", dixo e envioume un par de fotos: unha da mesa cos pratos que se estaban usando e a outra da vaixela colocada no chineiro do cociña.

Si, hai xente que come todos os días en vaixela do Sargadelos da época de Isaac. O de agora é outra cousa: unhas pezas que non buscan as orixes para amasalas coas vangardas, unha industria que persegue unicamente os beneficios económicos e, sobre todo, que non tivo ningún pudor en expulsar a quen a creara, e facelo cando estaba no final da vida.

Hai xente que come todos os días con Isaac, igual que os había nun anuncio de televisión que comían con Isabel, unha marca de conservas. Aquí non é a marca a que nos acompaña senón o home que dou vida a unha nova maneira de ser galego.

Facíanos falla Novoneyra para escribir unha ladaíña, porque...
Isaac construíra para nós...
o prato de cada día, os xogos de café ou té para a tarde
a vaixela de voda salpresada de ilusión e esperanza
o orgullo de país
os adornos con historia
as miniaturas de noso para coleccionar
as pezas con nome propio
María das Batallas
Don Gaiferos
María Castaña
Lola de Penelas
Os profetas
as xerras de
Santiago Casares ou de Otero Pedrayo
os porróns e as meniñas
os mouchos e os arados
paxariños
o ouro bouro e o furamán
mariñeiros
faros
colgantes e aneis
figas
bruxas e máscaras
maternidades
amuletos e fetiches
as mulleres con cousas na cabeza
a parella de labradores
a parella lendo
as pombas da paz
a vaca, os galos ou o burro
os floreiros...
As pezas de Sargadelos
eran
a moeda de pago á xente da cultura
o agasallo de cada celebración
os santos de nós
Castelao
Rosalía
ValleInclán
Luís Seoane
os da alba de gloria
músicos, bailarinas e afiadores
copóns e figuras do xadrez
espantallos
o Santiago emigrante e o Santiago Matarratas
floreiros, cinceiros e medallas...
E todos os días o estamos vendo nos libros de Ediciós do Castro
nas figuras dos andeis
nos floreiros que recollen o verde.
Está,
non se foi,
permanece nas obras.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES