Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fe que quero ter

martes, 20 de abril de 2021
Unha fe quero ter, Señor, profunda.
Presente a Tomás teño se dubido.
Cando na escuridade estou sumido,
no Evanxeo a miña fe se funda.

E se o esgotamento me circunda
ao "Vinde a min" de Cristo presto oído,
que o corazón, aínda que ferido,
a calma acha… Ás veces, non rotunda.

Mais no social acho seguridade.
É Cristo exemplo firme de xustiza.
Súa conduta ancorou na eternidade.

Condenou todo tipo de inxustiza.
Sobre o diñeiro e Deus, con claridade,
dixo ou serves a Deus ou á cobiza.

Os Tilos, 16/abril/2021
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES