Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Johnny colleu o seu fusil / Fenómeno

jueves, 08 de abril de 2021
Johnny colleu o seu fusil

Si, hai unha película, unha marabillosa película que se titula así, pero tamén hai un Johnny na vila de Baños de Molgas. Porque, por veces, sempre hai alguén que quere espallar máis o seu entorno ou simplemente porque quere chamar a atención. Menos mal que o tal Johnny é fillo da Parrocha e do Albardas, que xa semellan moito máis Pingas de Orballo: Johnny colleu o seu fusil / Fenómenoenxebres. Digo que Johnny colleu o seu fusil, aquel que tiña colgado no faiado desde hai moitos anos. Pois Johnny, nun principio, máis ben cando era rapaz, gustáballe cazar ras, e segundo os seus amigos as collían coas mans ou a base de vareazos, el aproveitaba o fusil que trouxera o seu pai da guerra e simulaba que lles disparaba, pero na realidade, matábaas a culatazos. Non podía disparar porque non tiña balas, claro.
Digo que Johnny colleu o seu fusil e marchou correndo para a Lagoa de Almoite, lugar no que había ras a darlle cun sacho, aínda que el, como dixemos, lles daba coa culata. Cando ía xusto no alto da Chaira, asomou por alí a parella da garda civil. O encontro era inevitable. Johnny descolgou o fusil do ombreiro e os gardas botaran as mans ás súas cartucheiras. Un gandeiro, o fillo da Carracha, que andaba por alí con tres vacas e un burro puxo un CD de Ennio Morricone. A simulación da morte tiña un prezo palpábase no aire.
E xusto a uns cinco pasos de cruzarse, alguén espertou do seu soño (quizais o fogar de Breogán, non sei) e, alí, no alto da Chaira, tan só había corvos que andaban á prea das ras que deixaban os rapaces logo de cortarlles as patas para asalas e comelas. Johnny estaba na casa mirando para o fusil.

Fenómeno

Desde sempre, desde que nacín, desde que o mundo é mundo son un fenómeno. Corro, corro e nunca chego. Son coma o pan centeo, que corre e corre e nunca encobre. Pingas de Orballo: Johnny colleu o seu fusil / FenómenoConsigo bailar sobre o índice da man dereita e sentarme no furabolos da esquerda. Son o fenómeno que perseguiu, acosou e derrotou ó Rambo que andaba solto polo monte Medo. No monte de Pinouzos faría aterrar ó Falcón Milenario naqueles tempos de cando Ronald Reagan empezou coa esperpento da guerra das galaxias.
Son o fenómeno que un día me tirei desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas, a uns trinta metros de altura, e non me pasou nada. É máis, cheguei abaixo en cámara lenta, ó ralentí, coma se fose o mesmo Supermán cando volve do planeta Krypton. Algún ata pode pensar que me quería suicidar. Que va; tan só quería probar que se sentía. Sentín o aire sobre a miña pel, sentín como se me abrían os ollos, sentín algo de medo, pero sobrepúxenme a unha futura desgraza e, xa digo, aterrei coma un santo. Son un fenómeno!
Unha tarde de agosto tamén me tirei ó mar sen saber nadar, e non vai un puto delfín que me levou correndo e con alegría ata a praia. E tampouco me quería suicidar, pero pensaba que, por min mesmo, era capaz de volver á orela. Sigo sen sabelo por culpa dese maldito delfín. En principio, seguirei bailando sobre un dedo e contemplando o correr do pan centeo. Son ese fenómeno que digo que estou aínda que non estea, ou que vou aínda que non vaia. Por en canto, quedo quieto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES