Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xesús

lunes, 30 de noviembre de -1
Un cravo nunha man; outro, na outra;
outro nos pés, e unha coroa de espiñas.
Cara á entrega total, Xesús, camiñas
co aquel burlesco INRI, que aqueloutra.

Eu, o mesmo que Pedro, querería
que non foses, Xesús, crucificado.
E "aparta, Satanás" bérraslle irado,
que os designios de Deus non entendía.

Coido que es Camiño de xustiza,
que "a ninguén explotar" é a túa Verdade,
que a Vida só no amor se patentiza,

Que na fe no Evanxeo, a eternidade
da túa resurrección nos enfeitiza
na fonda fame de inmortalidade.

Os Tilos, 1 de abril (Xoves Santo) de 2021.
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES