Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Orientación das ideoloxías

viernes, 02 de abril de 2021
Non é nada fácil, polo menos para min, recoller o máis esencial das diferentes definicións que soen darse das ideoloxías, por distintos autores, nunha síntese sistemática e pragmática, debido a volubilidade dos políticos que simulan sentirse identificados cos seus principios. Utilizo aquí a que nos ofrece o DLe, como conxunto de ideas FUNDAMENTAIS que caracteriza o pensamento dunha persoa, colectividade ou época, dun movemento cultural, relixioso ou político, etc. Non obstante, este fundamento hai que determinalo para que a dinámica cultural, relixiosa ou política poida ser considerada de eficiencia ideolóxica pola CONDICIÓN de fundamental en cada unha destas áreas.

Pero, con independencia de que aquí só nos interesa a ideoloxía política, enrédanos esta condición polo que encerra de DISCUTIBLE, CUESTIONABLE E, POR CONSEGUINTE, OPINABLE: O mesmo SOCIALISMO CIENTÍFICO, fundamentado no marxismo, quixo ser un saber metodolóxico e racional, para levar a certeza ao pobo, evitando a debilidade epistemolóxica do opinable; pero non puido esquivar que esta inseguridade xerara as diversas matizacións comunistas. Basta pensar no Eurocomunismo.

Insisto en que, aínda que me vou a circunscribir á ideoloxía política, non me serve de escusa para non considerar algo no que escriba completamente aplicable a outros campos ideolóxicos. Por exemplo, a mesma orientación do pensamento ideolóxico cara ao presente, ao pasado e ao futuro. Xeralmente, os políticos idealizan este último cando ofrecen aquilo que estiman que DEBE SER nun país en concreto ou no mesmo mundo; idealizan o presente como o que É NECESARIO para acadar o que debe ser no futuro, e, por iso, fano simulando que lles interesa máis o país que o súa condición persoal, e en España din manter unha integración harmónica de todas as diferentes autonomías do mesmo, como idea fundamental da súa propia ideoloxía, porque, en caso contrario, greta a vía que conduce ao futuro, aínda que, na realidade, traizoan este principio se favorece outros intereses. E polo que respecta ao pasado, escudríñanse as tendencias históricas matizadas desa ideoloxía para simular a continuidade selectiva na diversidade ocasional das circunstancias.

Considero aquí coherentemente completiva a contestación a seguinte pregunta: ¿Por que se tacha de ideolóxico (infundado) o progresismo reiteradamente programático dalgúns partidos políticos?. Na miña modesta opinión, debido a tres razóns: A súa utilización electoralista, na que prima a oferta a satisfacer os desexos populares, como un certo populismo, burlando a racionalidade, solapada coa sofística argumental que fai dubidosa a orientación ideolóxica cara ao futuro; non se aplica convenientemente o principio de DESTRUCIÓN E CREATIVIDADE, de Schumpeter, e, finalmente, a orientación ideolóxica ao pasado, en vez de facer unha análise histórica aceptable, política e socialmente, acompañada dunha crítica documentada e obxectiva, extrapólanse compoñentes atávicos, sobre todo por aqueles líderes que desexan vehementemente significarse.

Se me permiten espremer un pouco máis o principio de Schumpeter, non vacilaría en afirmar que tamén certos políticos conservadores tenden máis ben a poñer atrancos as innovacións creativas das novas xeracións, mantendo actitudes pouco evolutivas socialmente, por iso podería dicirse que fan unha orientación ideolóxica ao presente cunha visión estática. Así pode xerarse unha confrontación entre ideais que xa non se corresponden coa situación e experiencia actual, confundindo o que FOI, E É, CO QUE DEBE SER, que, ás veces, evítase isto último so pretexto de que comporta perigosas rupturas nas situacións de equilibrio.

Agora, señores lectores, contamos con algún elemento que nos permite considerar a complexidade da orientación ideolóxica. Nela vai implícita a orientación da nosa actividade vital; pero é tamén a expresión da nosa evidente limitación. Pois…, ¿que nos dixo e di, por exemplo, da nosa vida biopsíquica, de cómo utilizar na vida a nosa capacidade cognitiva das cousas, da vida estética e ética, da vida lúdica, relixiosa e socio–política, etc., un sistema ideolóxico centrado no político e económico?.

Ademais, aos políticos, que desexan semellar saber moito, temos que pagarlles asesoramentos en todo o considerado esencial, ofrécense (nos mitins electorais) como os mellores intérpretes duns sistemas que non recollen a dinámica integral da vida humana, a rede das diversas relacións constitutivas desta vida, e pasan o tempo nos parlamentos explicando solucións parciais, con amañadas achegas ideolóxicas ao que xa é relativo por natureza.
E obxectaranme que o home non ten outra forma de abordar a solución destes problemas como non sexa en tratamentos parciais e de inevitable relatividade. De acordo. Pero entón, deben evitar os políticos sensatos non actuar sen perder a conciencia diso, para non caer en tanta arrogancia e descarada intolerancia en todo o que está esixindo actitudes sinérxicas. Por iso o papel que o señor Vicepresidente do noso goberno, D. Pablo Iglesias, traendo a palestra unha pouco afortunada propaganda partidista, levouno a renunciar ao principal para verse destacando no galimatías dun pomposo secundario, que parece ser o seu ambiente preferido.

Considerando o que acabo de expoñer, e desde esta perspectiva temática, ¿cómo se podería xulgar a bazofia política de España na actualidade?. Prescindindo, sen excluílos, dos xogos de irresponsabilidade en cuestións capitais, que intencionalmente se poden estar cociñando subrepticiamente, a orientación ideolóxica adoece dunha amalgama de cambios vectoriais que pon de releve a volubilidade gobernamental na actual situación: O que quere colarse como hábiles e agudas estratexias de coordinación do diverso, acentúa nos elementos intelixentes do equipo de goberno unha certa atonía que desconcerta ao pobo, que, por outra parte, no máis íntimo das súas respectivas conviccións, está de volta das poucas intelixentes argucias, atribuídas á trivialidade asesora, de escasos e escépticos efectos persuasivos, pola mesma perversidade metodolóxica.

Todo isto, na actualidade, enfróntanos a estrañas orientacións ideolóxicas, porque os incapaces de adquirir un significativo valor propio orientan o pasado a xustificar o presente, axeitando os auténticos principios ideolóxicos a cubrir insuficiencias persoais, e hipotecando o futuro a unha incerteza desintegradora, indiferentes ao descrédito inferido a un prestixio histórico, acadado mediante a seriedade política e o respecto institucional de ilustres personalidades, a cuxo atropelo non falta algunha sorprendente e estraña colaboración das antes valoradas como presuntas corduras, que esqueceron o seu merecido prestixio, para sumarse á gregaria insensatez do populismo.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES