Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facilitarlle a fuxida

jueves, 25 de marzo de 2021
Hai un refrán que di: Ó INIMIGO QUE FUXE, PONTE DE PRATA, pero:
¿QUÉ FAREMOS CO INIMIGO QUE NON QUERE FUXIR?
• Darlle todo tipo de facilidades para que se vaia.
• Facerlle a vida imposible.
• Maltratalo…

Pois, si.

PENSO QUE A INMENSA MAIORÍA DA POBOACIÓN MUNDIAL ESTAMOS DESEXANDO QUE SE VAIA ESA VISITA TAN INOPORTUNA QUE XA LEVA UN ANO NA "NOSA CASA".

Xa lle demos algunhas facilidades para que se fora, pero resistíuse.
É pesado a máis non poder.
Como din alí: “É máis pesado que unha vaca en brazos”

Temos que empregar outro método máis agresivo para que acabe desaparecendo da faz da terra.
Temos que facerlle a vida imposible.
Non podemos permitir de ningunha maneira que nos arruine a vida a todos.
Xa deixa feito mal abondo.

Temos que defendernos.
Temos que maltratalo con tódolos medios ó noso alcance.
Maltratarémolo sen piedade, sen medo á Sociedade Protectora de Animais, sen medo a nada nin a ninguén.

O malo é que os científicos aínda non saben a ciencia certa tódolos remedios para erradicalo; pero dos que temos noticia ímolos empregar afondo:

• IMOS USAR UNHAS MÁSCARAS PROTECTORAS DE PRIMEIRA CALIDADE:

¿Para que?
Para que non entre nos nosos pulmóns nin pola boca nin polo nariz porque ten "o fociño" moi fino e cólase por calquera parte.

De feito as criaturas son as que mellor uso fan das máscaras, porque tanto na casa como nas escolas explícanllelo coa máxima claridade.

A maioría da poboación adulta tamén as usamos adecuadamente, aínda que a algunhas persoas báixanselles do nariz con certa frecuencia porque non as levan ben suxeitas.
Outras persoas con problemas respiratorios tapan a boca e deixan o nariz libre para poder respirar.
Se non poden respirar con nariz tapado…¡Mala sorte!
Mala sorte para elas, en primeiro lugar, e para os demás en segundo.

• O MALO É QUE HAI PERSOAS QUE SE EMPEÑAN EN NEGA-LA REALIDADE.

Pensan que hai intereses creados polo medio e pode que leven algunha razón.
Eso pasa con todo. Nunca choveu a gusto de todos.
En calqueracaso hai que mirar polo ben xeral.

• IMOS INTENTAR GARDAR UNHA DISTANCIA DE DOUS METROS COAS OUTRAS PERSOAS para que non dea "achancado" dunha para a outra a través dos aerosoles.
Esta medida non sempre vai a ser posible:

Ás persoas que viaxan en transporte públio en hora punta vailles resultar imposible.
Ás que estean tomando algo arredor dunha mesa pequena, tamén.
Aínda vai a resultar imposible noutras ocasións…

• IMOS LAVAR AS MANS SEMPRE QUE TEÑAMOS OCASIÓN, ben con auga e xabrón ou con xel hidroalcólico.

• IMOS EVITAR TÓDALAS XUNTANZAS QUE POIDAN APRAZARSE: "o forno aínda non está para bolos, nin moito menos”".

• IMOS A VACINARNOS EN CANTO TEÑAMOS OCASIÓN todas aquelas persoas que temos fe no que din os científicos; porque o que está moi claro é que:
O QUE SE SABE DE CIENCIA DÉBESE ÓS ESTUDIOS DOS CIENTÍFICOS.

Do que se trata é de reducilo á mínima expresión ata que se poida erradicar porque todos queremos facer unha vida normal: poder relacionarnos, poder viaxar, poder saír da casa, poder vivir en liberdade.

VIVIR EN LIBERDADE

Este será o título do seguinte artigo.
Motas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES