Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Virosfera

viernes, 19 de marzo de 2021
Moito se escribiu esta temporada da pandemia. Eu mesmo, pouco consciente da miña ignorancia, non quixen quedar á marxe, e neste medio manifestei a modesta opinión propia; pero confeso que canto máis leo sobre esta temática, máis conta me dou do moitísimo que ignoramos, e non me refiro as cuestións estritamente científicas, que parece que tamén andan sobradas de certa superficialidade, senón a aquel mínimo que os cidadáns do século XXI deberíamos saber, sen ser especialistas, para comportarnos medianamente ben de palabra e de obra: A propaganda en mans de xinetes, ameazando ao coroavirus parece un verdadeiro despropósito!.

O doutor D. Miguel Luque Naranjo, médico de familia, escrebe un artigo na revista dixital Fronterasctr@comillas.edu, da que recollo algunha idea por si nos serve de algo, xa que, como dixo o sabio, o coñecemento danos liberdade, e non para dicir e facer sandeces, como celebrar entusiásticos botellóns nestes tempos, senón para enfrontarse a esta temática con seriedade e acadar cadaquén a mellor información e documentación posible para reducir o esbardallar.

Comeza o doutor preguntándose se constatamos que a Terra ten outra capa, ademais das coñecidas litosfera (de lithos, pedra), hidrosfera (de hydros, auga), atmosfera (de atmós,vapor), biosfera (bios, vida). Non esquece tampouco que o ruso Vladimir Vernadski introduce a noosfera (de noos, mente), a do pensamento.

Comeza a designarse co nome de VIROSFERA o conxunto dos virus que alberga a Terra. Os virus son cápsulas con ADN (ácido desoxirribonucleico), un compromiso da vida na fronteira do inorgánico co orgánico, no intrigante mundo das partículas. Seguramente esta pandemia estimulou os traballos de investigación, e espertou o interese por ampliar os coñecementos sobre o papel que desempeñan na evolución do noso planeta, porque a maioría deles non causan enfermidades e, polo contrario, valóranse os seus efectos positivos, que xa foron detectados no seu papel na terra, no solo, precisamente na constitución de complexos sistemas microbianos, estudados na edafoloxía, ciencia que se ocupa da súa natureza e condicións en relación coas plantas. Segundo os científicos desta especialidade, un gramo de solo pode albergar 40 millóns de bacterias e centos de millóns de virus.

Creo que é necesario saber que parte do material xenético dos virus incorpórase aos xenomas dos seus hóspedes e son axentes moi activos en función da diversificación da vida; pero destacan tamén os seus efectos orixinando mutacións para a mellor adaptación e especificacións. Talvez estas funcións as executen dende o seu emprazamento formando parte do ADN dos seus hóspedes.

Pois ben. Se teñen estes papeis, hai que supoñer que haberá posibilidade de investigar algunha pegada operativa do pasado en supostos hóspedes, estudando secuencias virais antigas, que estean presentes agora nos xenomas de organismos actuais. Por suposto que si a hai e é obxecto do que denominan os científicos especializados PALEOVIROLOXÍA. O Dr. Luque escribe que existen varias hipóteses acerca da importancia dos virus na evolución, formuladas polos paleovirólogos.

Pénsase que se poden cuantificar, segundo o artigo citado, en 100 millóns de virus diferentes, que conservan a súa información xenética aproveitando unha gran variedade de ADN e ARN (ácido ribonucleico). E parece que son moi poucos os que son agresivos, causantes de enfermidades. A maioría intégranse nas estruturas celulares dos hóspedes, é dicir, optan pola simbioses.

Segundo os estudosos desta temática, un 8% do ADN humano está formado de retrovirus (ERV) endóxenos, co xenoma constituído polo ARN nunha copia en transcrición inversa, orixinando un ADN: Un verdadeiro galimatías. Traio aquí isto, certamente difícil, porque os paleovirólogos cren que a placenta dos mamíferos, sen a que non sería posible a súa reprodución, apareceu mercé a un xene (unha secuencia do ADN que constitúe unha unidade funcional para a transmisión das características hereditarias) proveniente dun retrovirus. E polo que respecta ao noso coroavirus, o novo, que designan como SARS-COV-2, responsable da enfermidade causada do Covid-19, verifícase que avanza en todo o mundo.

Recoñezo que os anteriores parágrafos non son o máis adecuado para unha colaboración como esta. Algúns lectores veranos de difícil comprensión; pero espero que, polo menos, capten a complexidade da materia aquí abordada, para levalos as seguintes reflexións, que considero oportunas nas circunstancias que estamos vivindo.

Se lembran o artigo anterior, titulado “Os dous mundos”, recordarán que o home ten que apandar con dous mundos, o natural onde imperan as leis físicas, a cusalidade, que estuda a ciencia, con un certo determinismo, e o dos valores e liberdades, onde predominan as decisións da persoa humana e a liberdade positiva, afirmando ou negando. E recorden tamén que é neste último onde se decide o ben e o mal, o xusto e inxusto, etc. Todo o relativo os valores, que inducen comportamentos e permiten cualificalos.

Se damos por sentado todo o exposto, penso que estamos en condicións de concienciarnos das seguintes reflexións:

--Vivimos sendo hóspedes de diversos tipos de virus, dos que recibimos achegas, non ben definidas e concretadas, aínda que algúns deles agrídennos con perigosas enfermidades. Nestes casos (como o SARS-COV-2) experimentamos o difícil que resulta bloquear os seus efectos patolóxicos. Son capaces de transmitirse mensaxes e operan como se estiveran dotados de intelixencia,

--Teñen un importante papel na evolución en xeral, e son mestres en adaptacións e mutacións. Neste papel non se coñece o alcance dos seus efectos nin parece que estean debidamente estudadas as causas que desencadean neles esta clase de operatividades.

--Como consecuencia, creo que é pertinente pensar ata que punto a agresión no home/na muller obedece a razóns profundas que fundamentan eses efectos para corrixir despropósitos dos seres humanos en relación as dinámicas do Universo, tendo en conta o papel decisivo dos virus na evolución.

--Pero respecto a esas razóns intúe a persoa humana que non se poden coñecer só no mundo no que impera a ciencia, sempre ansiosa de seguir mais aló para fundamentar as conclusións as que chega, dotadas dun certo carácter provisional, que a acredita como cautelosa, pero non como definitiva.

Aquí entra en xogo a dimensión teologal do home/da muller, e as súas diversas manifestacións. Velaquí os motivos que levan a moitos científicos a pisar terreo teolóxico, e a moitos teólogos a instruírse cientificamente. Gozamos polas nosas dotes intelectuais, desde a perspectiva do planeta Terra, dunha situación privilexiada e de éxito evolutivo; pero o noso descoñecemento da realidade é espantoso, e no más íntimo facémonos eco disto, cando andamos dándolle voltas as teorías do superhome e dos trans- e posthumanismos.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES