Consellerías de Galicia
martes, 10 de junio de 2008
Tempos de cambio, ata na lingua, son estes. E os que vivimos na lingua galega, sentímonos sometidos a vaivéns ás veces pouco intelixibles, que parece veñen depender de onde sopla o vento político en cada momento, sempre aprendendo a normativa e temendo a aparición dunha nova.
Porque se ben os estudiantes do galego se poñen ó día doadamente atendendo as explicacións dos docentes, os practicantes desde a formación da propia personalidade aprendemos o galego dos devanceiros de xeito oral, fómolo transformando con arreglo ás tendencias da sociedade, asumimos os sucesivos cambios da normativa ata chegar a esta última na que se trastocan bastantes das seguridades lingüísticas ata entón imperantes.
Nestes momentos o idioma está suxeito a un tira e afloxa entre as dúas forzas políticas que nos gobernan, e mentras o Psoe o leva con soltura, o Bng vai un paso máis aló apretando conceptos que para a maioría resultan novedosos.
Galiza por Galicia resúltanos unha innovación que nos están facendo asumir, o mesmo que o de “Consellaría” en lugar de “Consellaría” que dun xeito cabe supoñer que alegal se está utilizando oficialmente.
A Real Academia Galega ven de dicirllo moi claramente á Consellería de Cultura: O nome oficial do noso país é “Galicia”, quedando a denominación “Galiza” como “lexítima no sentido filolóxico”. Aí queda eso. Habería que preguntarlle á Real Academia por “Consellaría” a ver que opina. Pola causa que sexa, resúltanos raro.
E mentras non haxa unha norma que diga o contrario, os departamentos da Xunta son “Consellerías de Galicia”.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora