Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O próximo sábado ás 8 presentación On Line de 'Abril', a novela de Luz Darriba

miércoles, 10 de marzo de 2021
O sábado 13 de marzo siguen as presentacións do programa #DoTrinque de Os Vilares lareira de soños e Nova Poesia Guitirica NPG.

Será a escritora e artista Luz Darriba, poeta da NPG que nos presentará dende o facebook da Nova Poesía Guitirica NPG a súa novela 'Abril' (Belagua).

'Abril' leva acadado un grande éxito de crítica e ventas dende a súa publicación a finais de 2020.
O próximo sábado ás 8 presentación On Line de 'Abril', a novela de Luz Darriba
Será a sexta presentación despois da obra antropóxica Lareira de soños de Pas Veres (Fervenza), o poemario Poema da Rúa das Aves de Miguel Barrera (Alvarellos), os relatos de Pangalaica de Xurxo Souto (Galaxia), o poemario A guerra era contra nós de Carlos da Aira (Xerais) e o libro de historia Os rostros do frío de Xulio Pardo de Neyra (Fervenza).

Despois da presentación de Abril terán lugar as seguintes o sábado 20 de Bambán de vento de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro (Fundación Eomaia) e Non estamos preparados para medrar (Urutau), primeiro poemario de Teresa Ríos.

O programa #DoTrinque de novidades literarias está a ter un grande éxito ao ter acadado máis de 500 seguidores/as en directo e casi 6000 reproducións dos vídeos polas redes en diferido, nun formato próximo e cómodo de seguir e no que @utores/as e público interactúan dunha maneira amena e divertida arredor de novísimas e variadas obras literarias.

Nova Poesía Guitirica NPG
www.npggazeta.gal
Os Vilares lareira de soños
dosvilares@gmail.com
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES