Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A visita da condenada/ Un asento emblemático

miércoles, 10 de marzo de 2021
A visita da condenada
Di Antonio na súa canción "Poñamos que falo de Madrid" que "cando a morte me veña visitar...", etc. A min cando a morte me veña visitar non a penso recibir cos brazos abertos. Intentarei poñela no ollo da rúa, ou o que é o mesmo, darlle nos fociños. A min non me tourea así como así. En principio, penso mirala con cara de ferreiro ou de esguello e comentarlle con palabras rudas, e se fai falta malsoantes, que siga o seu camiño, que na miña vida non se meta que eu tampouco me penso meter con ela. Son capaz de lanzarlle catro responsos pola alma de quen queira, pero a min que non me veña con lerias. Co bonita que é a vida! Aínda que ás veces sexa algo fodida.
Pingas de Orballo: A visita da condenada/ Un asento emblemáticoCando a morte me veña visitar, penso cuspirlle na cara. Xa sei que é unha porcallada, pero é para que non pense que lle temos medo. Si, o medo é libre, pero quen lle teme a esa aventureira que non é capaz de vivir soa e anda a querer compartir circunstancias ou eventos ou minutos ou ruídos ou incluso silencios ou sentimentos ou festas ou palabras cos que nos sentimos vivos e rebuldeiros.
Cando a morte me veña visitar, ó mellor igual ando de paseo pola beira dunha lagoa ou buscando cogomelos polos Castros ou soñando co desexo dun corazón que palpita ou formando unha barreira para que esa condenada non me desgracie a existencia. Non llo penso poñer nada fácil. Direille: vaite por onde viñeches e cuspireille na cara ou lle poño unha canción de Manolo Escobar. Pero, por se aquel, e antes de que a morte veña a visitarme, deixarei xa escrito un epitafio. Un calquera. Xa veremos cal.

Un asento emblemático
Os ianquis engánannos como queren. Principalmente coas películas. Nestas, a CIA (esa Axencia Central de Intelixencia con licenza para facer e desfacer ó seu albedrío) é coma un ser supremo que domina todo e que dobrega a todo o mundo. Non obstante, despois, á hora da verdade, non son tan farrucos. Polo menos co que respecta a Galicia. Resulta que deste país noso só saben que temos unha lingua propia (nisto, e aínda que Pingas de Orballo: A visita da condenada/ Un asento emblemáticome pese, teño que darlles un tanto ó seu favor, pois hai galegos que nin saben iso: que temos lingua propia), que temos o faro máis antigo do mundo, que polas nosas costas atlánticas asoma moita fariña e que hai unha planta de gas natural na ría de Ferrol. E xa está.
Os moi cabritos non saben do mazadoiro da burga de Baños de Molgas! Aínda estou alucinado. Con todo o que se tramou nese mazadoiro, desde guerras sen cuartel por entre as airas da vila ou polos montes da contorna, ata amores efémeros e eternos. Nese mazadoiro xuntábanse as hostes, principalmente polo luscofusco ou incluso pola noite, para estudar, debuxar e distribuír os lugares a asaltar ou conquistar. Tamén é certo que, aí, nese sitio que a espelida da CIA non ten nin idea de que existe, acontecía despois o descanso do guerreiro para, claro, contar as batalliñas de cada un. No mazadoiro da burga debatéronse leis e normas e eventos e políticas e asaltos e conspiracións que nin a propia axencia americana sería quen de descubrir. Só Deus e o propio mazadoiro saben todo o que se falou, todo o que se tramou nese asento emblemático para a vila de Baños de Molgas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES