Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que terá Rosalía pequeniña?

miércoles, 10 de marzo de 2021
Alá polo 2013, a editorial Galaxia editou un libro chamado Rosalía pequeniña que levaba a impronta inconfundible de Uxía e dos seus amigos que constitúen un equipo creativo incansable.

A idea é sinxela, achegar a nosa nai literaria e espiritual ás xeracións máis novas. As escollas dos poemas resultan delicadas e máis aínda as músicas que escollen para elas. O libro disco amósanos unha Rosalía distinta, igual de comprometida coas causas xustas pero moito máis leda e, quizais, presa da chama da ilusión. Unha Rosalía, pois, que se achega aos máis pequenos para amosarlles a vida e a ledicia de vivir.

Disto hai 7 anos pero teño que recoñecer que houbo un punto de inflexión que me levou a coñecer este traballo máis en profundidade: o nacemento e a presencia do meu sobriño Hugo, que hoxe cumpre 8 meses e que só acouga cando soa a música de Rosalía pequeniña. É moi curioso porque ás veces mesmo temos que poñela en bucle. Loxicamente, quen me coñeza darase conta da ilusión que me fai que o meu sobriño vaia saíndo Rosaliano, a pesares de que eu (rebelde de berce) sempre fun un pouco máis de Curros.

En todo caso, hai que poñer en valor todo o que xente como Uxía, Magín Blanco, Paco Nogueiras, Cé Orquesta Pantasma e outros grandes músicos e poetas deste país (lembro tamén a Manuel María) fixeron e fan para que a infancia poida ser e vivir en galego e coñecer de onde vimos antes de decidir onde queren ir, algo que, por suposto, decidirán libremente.

Dende estas letras, agradezo moito que os poetas máis senlleiros do país velen polo soño de Hugo dende as voces amigas e fraternais de cantoras como Uxía que paso a paso vai debuxando coa súa voz, un horizonte diverso que pinta a esperanza e o futuro de moitas cores.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES