Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trato humano

jueves, 04 de marzo de 2021
A vida regalounos, á case todos, o DON DA PALABRA; algo que nos distingue de tódolos seres da Creación.

Posuír o DON DA PALABRA é un privilexio do que non tódolos humanos poden disfrutar e tampouco os restantes seres da Creación.
(Un sincero recordo para as persoas xordomudas e as súas familias e un profundo agradecemento á linguaxe de signos)

Este privilexio non é algo que adquiramos por méritos propios; É UN DON, UN REGALO.
¿Qué podemos facer nós para agradecelo?
¿PODERÍAMOS HOMENAXEALO OFRECENDO UNHA LINGUAXE LIMPA?
Unha linguaxe limpa ha de posuír BONDADE porque a bondade crea confianza entre as persoas.

A BONDADE DAS PALABRAS APROXIMA OS CORAZÓNS.
Pero as palabras que pronunciamos pasan antes polo cerebro.

Se cultivamos bos pensamentos é porque tamén temos un bo corazón.
Se temos bo corazón, temos capacidade para amar.
E se amamos, facemos cosas boas e se facemoscousas boas coas persoas que nos rodean, estamos tendo un trato humano.
Así de sinxelo.

O NOSO CORAZÓN É COMO UN ALMACÉN MOI GRANDE ONDE GARDAMOS O MELLORIÑO QUE TEMOS:

-AMOR: para dar a tódalas persoas e tamén para recibilo.
Hai moitas persoas que nos aman e ás que amamos.
AMAR E SER AMADOS: UNHA AUTÉNTICA BENDICIÓN.

-AMABILIDADE: acompañada dun SORRISO é unha boa ferramenta para entablar relación con calquera.
Os acenos amables falan por si sós.
A expresión non verbal FALA MOI CLARO.

-ALEGRÍA: para escorrenta-los medos que se nos presentan a miúdo.

-BO HUMOR: ante as adversidades da vida, pensando que: "MÁIS SE PERDEU NA GUERRA DE CUBA…"

O bo humor: que non nos abandoe nunca, sobre todo nos momentos difíciles para que nos permita ver o lado positivo da vida.

-AXUDA: ¡Que satisfacción tan grande axudar e recibir axuda nun momento de apuro!
¡Canto mérito teñen esas persoas que nun momento dado arriscan a súa vida en favor da de otros..!
E esoutras persoas que están dispostas a axudar incluso sen necesidade de pedirlles axuda.

-CONSOLO: para consolar nos momentos de tristura como fan os psicólogos, o personal sanitario e MOITAS PERSOAS DE BOA VONTADE ante as persoas en situacións críticas.

-SERVICIALIDADE é propia das persoas con corazón moi grande. É un "MANANCIAL" maravilloso que brota directamente do corazón…

-XENEROSIDADE: propia das persoas desprendidas, das persoas que saben compartir, das que son felices facendo felices a outras, das persoas sen apegos nin complexos…

-TEMPLAZA que tamén nos fai moita falta cando os nervios están a punto de saltar, cando a cabeza quere "estalar"…

SERENARSE, ABRIR BEN OS OLLOS E ACTUAR FRIAMENTE é o que máis nos convén ante situación difíciles que nos pode presentar a vida cando menos o esperamos.

¡TEMOS TANTA RIQUEZA NOS NOSOS CORAZÓNS QUE AÍNDA NON O SABEMOS BEN!

É unha mágoa que pasemos moitos días da vida sen descubir esa riqueza tan abundante que hai dentro de nós.
Pero como a vida é dura, a veces…

A veces: os nervios xógannos unha mala pasada.
Precisamos un "baño de paz".

“UN BAÑO DE PAZ”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES