Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saúde e economía

miércoles, 24 de febrero de 2021
Camiñar por Lugo estes festivos conforta, pola pacífica resposta popular ás medidas para pecharnos a boca, pecharnos na casa, pecharnos o presente. É igual que vaiamos polas beiras do Miño e do Rato, onde faria falla levar un metro para comprobar que gardamos respectuosa distancia, como que paseemos polo centro, onde as prazas Maior e San Marcos son eixos vitais de xente nova con nenos aos que hai que entreter e cansar antes de volver á casa.
Nin unha palabra máis alta ca outra, nin un mal xesto, proba do que melloramos en civismo. Péchannos, e obedecemos. Xa quixera algo así o Marqués de Esquilache no Madrid do XVIII cando fixo recortar sombreiros para ver a cara dos madrileños, e cortar capas para ver se ían armados. Por isto, a vida disipada das autoridades e as infames condicións de vida, produciuse o motín que fixo que Carlos III expulsase a Esquilache e cambiase o goberno. E sen ir tan lonxe no espazo e no tempo, lembremos que no Lugo de 1918, pola fame da xente, os lucenses invadiron os comercios arrasando co que atoparon.

Pode que a diferencia sexa que agora non hai fame visible, temos sanidade, tranquilidade, pensións, salarios ou ertes, e a economía garante paz e convivencia. E confiamos en que o importante é ter saúde, agora ameazada, aínda que para a economía as prediccións son catastróficas.

Xa sabemos, pois, por que non nos rebelamos, por que camiñamos para gastar enerxías, por que non asaltamos os bares pechados e non roubamos os miles de libros das bibliotecas… Porque o importante é o equilibrio entre saúde e economía. Por iso, só por iso, temos toda a festa en paz.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES