Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: En bandexa de prata / A extinción dos dinosaurios

miércoles, 24 de febrero de 2021
En bandexa de prata
Na bandexa de prata poño catorce versos e un asubío. O soneto bailará sobre a tumba da conciencia e o asubío impregnará o tempo de melancolía. Porque a melancolía é o pracer de estar triste. Non estou triste. Só era un dicir. De cando en vez gústame meterlle un seu aquel ás cousas e algo de filosofía, aínda que esta brille pola súa Pingas de Orballo: En bandexa de prata / A extinción dos dinosauriosausencia. En bandexa de prata preséntoche a ti, a calquera, o meu corazón coas veas abertas. Aínda latexa. Mira que son besta. Menos mal que, eu, aínda non vexo mortos.
En bandexa de prata presento aquela novela barata que nunca escribirei e deixarei caer tamén unha pinga de orballo para que me sirva de consolo. A aflición non ten por que formar unha lagoa. Quen está aflixido? Cos bambáns tan bonitos que dá a vida: dun palleiro choutas a un canastro e dunha silveira a un codeso. En bandexa de prata asenta unha ilusión que vai, por exemplo, desde a lagoa de Cospeito ata os castiñeiros do Caneiro. Quen máis quen menos soña cun verme luceiro.
En bandexa de prata deixo o relato que escribín para que o tempo dite sentenza e para que aquel consolo de orballo sexa xa unha auténtica festa. Porque soñar é bonito e porque a vida é unha bagoa e dous sorrisos. Pero quen fala aquí de bágoas? A ver se lestes mal. En bandexa de prata deixade caer a mirada para ver o reflexo dunha vida curtida a causa das batallas ganadas. En bandexa de prata vos deixo.

A extinción dos dinosaurios
Extínguense os dinosauros e quedamos a velas vir. Nunca se nos deu por formularnos a ecuación de que calquera día, en calquera momento quedariamos cegos coma toupas. Deixamos que os dinosauros se perdan na memoria do tempo e cando optamos por botar man deles, atopamos tan só o baleiro, a nada, a intranscendencia. Sen eles chocamos contra a ignorancia e por moito que busquemos non atopamos, Pingas de Orballo: En bandexa de prata / A extinción dos dinosauriosporque nin tan sequera sabemos buscar. A extinción dos dinosauros é un acto cruel e triste, moi triste, que nos deixa amorfos. Foron a guía que nos quixo ensinar o camiño, pero nós, o dito, coma toupas e facendo da ignorancia unha gabanza, un eloxio.
A extinción dos dinosauros deixa un descoñecemento tal que o día de mañá botaremos as mans á cabeza e diremos que o tempo pasou e non sacamos proveito ningún. Seguiremos a velas vir e que Deus reparta sorte. Quero mesturarme por entre os dinosauros das manadas máis excelsas, pero cada vez están máis lonxe do meu entendemento. Quero mamar da súa sabedoría pero non teño xa tetos dos que chupar. Cada vez queda máis lonxe o baúl da súa memoria. Non deixemos morrer ós dinosauros!
Botarei man das pegadas que deixaron polas estepas da súa existencia para intentar reconstruír os instantes, os momentos nos que a súa sabedoría aniñou na esencia da vida. A extinción dos dinosauros será ese capítulo en branco que existe en moitas novelas. Vai ser complicado escribilo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES