Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De lobos e de homes

jueves, 18 de febrero de 2021
Afirmouse que “o home é un lobo para o home”, porque os humanos non sempre nos comportamos entre nós con racionalidade. E agora parece plantearse a igualdade de dereitos entre o home e o lobo, que xa ten provocado un enfrentamento entre dous ministros do goberno: a de transición ecolóxica que quere elevar a protección do lobo, e o de agricultura que defende os dereitos dos labregos.

Quizais o problema é o de lexislar desde Madrid sen ter en conta as peculiaridades de cada anaco deste Estado, tan diferentes entre si. En Galicia, desde hai miles de anos convivimos animais salvaxes e seres humanos, pero as circunstancias cambian, e os lobos téñeno mais difícil cada dia por ter que arriscarse máis para conseguir alimento, e así é posible que os lobos estraguen mais de dùas mil cabezas de gando nun ano sen que os gandeiros teñan mecanismos abondos de defensa nin compensacións puntuais para as súas perdas.

É lóxico que a Xunta reclame as competencias sobre o tema do lobo en Galicia, porque non se pode poñer a necesaria conservación desta respecie por diante da facenda e a vida dos nosos gandeiros.

Dous ministerios enfrontados evidencian dúas maneiras de medir e ver un problema, e que hai que harmonizar a convivencia de animais salvaxes e persoas pero dando preferencia aos humanos. Os técnicos dirán se hai que habilitar territorios específicos, reservas para que os lobos poidan vivir en liberdade, e tratar de conseguir que se o home segue a ser lobo para o home, non sexa un lobo para o lobo, senón por aplicación do seu raciocinio aprenda a ser un ser humano para o lobo e para o home.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES