Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Nin ovella nin lobo... A nai!

viernes, 19 de febrero de 2021
Volve a guerra ós montes galegos. A que se acomete entre defensores e detractores do lobo. Porque a Comisión Estatal do Patrimonio Natural e da Biodiversidade quere incluír ó canis lupus no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. Fun labrego, son labrego e aínda así non me posiciono. Eu só recordo que unha vez, de rapaz, con 10-12 anos, o lobo quixo levarme ou comerme a única ovella que tiñamos.
Pingas de Orballo: Nin ovella nin lobo... A nai! Era noite pecha, estaba coas vacas en Sudalomba, no monte Medo. Eu xa, co medo no cu, estaba enriba do burro para estar un chisco máis alto e así semellar poderío. Naquilo, nun lóstrego, apareceu o lobo, pillou do rabo da ovella e iniciouse o combate: ela a tirar cara á adiante e o lobo a turrar para atrás. Naquel momento só pensei na miña nai; se lle chego á casa sen a ovella hai malleira. Baixeime do burro tan rapidamente que incluso cheguei a caer. Collín uns cantos coios e empecei a lanzarllos ó carallo do lobo. Este non soltaba a ovella. Fun para alá correndo e acenándolle coa vara, que nin tan sequera era unha aguillada. Soltou a ovella, pero os dentes ben que mos ensinou. A nai non me saía da cabeza; era mellor unha dentada do lobo que unhas labazadas da nai. Non recuei. O lobo si o fixo, pero de malas formas... aqueles dentes non deixaron de resplandecer na noite.
Non volvín subirme ó burro ata pasar a Ponte das Cabras por se aparecía de novo o lobo para rematar a faena. Ó chegar á casa díxenlle á nai que non volvería para o monte sen unha machada. Para unha vez que vin o lobo en máis de 20 anos quixen armarme ata os dentes. Tamén, como son... por un simple lobo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES