Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Difícil, pero socialmente pertinente

viernes, 12 de febrero de 2021
Son teimoso en abordar a ridiculez daqueles políticos que, segundo parece, só eles e o seu partido representan o progresismo, algo así como se os tales innovadores non percibiran nas rúas e congostras bastantes evidencias de que os demais cidadáns tamén gozan dos froitos dun progreso que respectan e estiman. Outra cousa é aceptar como progreso calquera infantil esbardallada. Hai numerosos exemplos do que os barulleiros dos gobernos chamados de progreso intentan pasar por obxectivos orixinais, sen reparar que repiten logros dos séculos pasados. Basta recordar algunhas manifestacións en defensa dos dereitos da muller que, aló polos séculos XVII e XVIII, estaban nas estruturas sociais implícitos como formas de comportamento e "quebrantada de modo absoluto a dominación do home sobre a muller".

Sen dúbida, os lectores preguntaranse como debe actuar un goberno verdadeiramente progresista. Élles moito máis fácil dicir en xeral como considerarse progresista polo mero feito de negar e opoñerse a todo, ou parte esencial, do que fixeron gobernos anteriores, aínda que isto non mellora as achegas dos mesmos, porque non é progreso innovar ignorando o Trilema de Rodrick, é dicir, innovar destruíndo o pasado con escasa ou nula creatividade. Valla un exemplo que aínda que é tal pola súa singularidade. non obstante, abre horizontes de comprensión por semellanza, porque fundaméntase en avances científicos, que deberían ser extrapolados á mesma sociedade polos presuntos progresistas, aínda que o súa aplicación na sociedade fora sinxelamente estratéxica. E permítanme que o titule como APLICACIÓN DUNHA SOLIDARIEDADE FUNDAMENTADA.

Empezo afirmando algo que semella ser absurdo e desconcertante, fora do sentido común: Non hai un espazo que o ocupen as cousas, as distintas realidades, segundo reza a FÍSICA CUÁNTICA, cuxos conceptos sobre a estrutura e dinámica da realidade son moi diferentes daqueles aos que nos ten acostumados a FÍSICA CLÁSICA. Así pois, en relación ao espazo non o entende como un lugar que ocupan as cousas, senón que son estas as que integran na súa mesma constitución a propiedade de ser espaciais. Sen realidades espaciais, non hai espazo. Todas as cousas do mundo, todas as diferentes realidades, constitúense mutuamente RESPECTIVAS, e isto permite que cada unha delas, desde a súa propia suficiencia constitutiva, estea ABERTA E ENVORCADA ÁS DEMAIS: NON SE CONCIBE NINGUNHA CLASE DE REALIDADE QUE NON POSÚA ESTA PROPIEDADE, POSTO QUE É A PROPIA REALIDADE INDIVIDUAL A QUE, POR NECESIDADE CONSTITUTIVA, TEN QUE ESTAR VERTIDA ÁS DEMAIS. DESTA MANEIRA, O ESPAZO VEN A SER ALGO DE CADA COUSA E, AO MESMO TEMPO, EXCEDENCIA DA MESMA.

Véxovos, amigos lectores, botar as mans a cabeza e preguntarse se é necesaria tanta leria para dicirlles que as distintas individualidades, as diferentes realidades, están RELACIONADAS. Si, iso é verdade; pero a leria necesitámola para facer algo comprensible que a relación só se pode fundamentar na "2respectividade" (desculpen, necesito o termo), xa que, para que as realidades se relacionen, teñen que existir antes como tales, constituírse en realidades concretas definidas pola apertura as demais, xa que só son tales RESPECTIVAMENTE a aquilo ao que están abertas.

Polo tanto, a RESPECTIVIDADE é o fundamento da relación. As entidades autonómicas en España son verdadeiras unidades de "respectividade", subsistemas integrantes do sistema que estrutura o Estado español, e en canto tales non están illadas nun espazo que as abarca, senón que o xeran dende a propia realidade en apertura.

En consecuencia, indiscutiblemente, corresponde ao Parlamento e ao Goberno xestionar, deliberativa e executivamente, o mantemento de España como entidade estatal en relación coas restantes do mundo, e, conseguintemente, garantir a súa integridade estrutural, evitando non só ataques inconstitucionais, senón tamén actuacións en contra do proceso historicamente constitutivo, algo que soe producirse, incluso, mediante as artimañas partidistas na aplicación da solidariedade entre as diversas autonomías, debilitando a relación entre elas e cuestionando a súa propia condición, por ignorar, ¿deliberadamente?, as "respectividades" como propiedades sistemáticas e integrantes constitutivas, e establecendo relacións atípicas en función de intereses partidistas e persoais, desvinculas dos obxectivos esenciais.

Así pois, un goberno que debilite ou desnaturalice os fundamentos dos seus supostos progresos non só é retrógrado, senón que regresa os caóticos inicios do proceso constitutivo do estado que o lexitimou, ao que da fin, incoando desta maneira un proceso de perigosa reversión, selado con atavismos ideolóxicos. E se non o percibe, ou se escuda nunha cínica indiferenza, a soberanía nacional debería facer uso dos principios constitucionais pertinentes, xa que non se pode admitir que algunhas supostas elites partidistas e ególatras poñan o Estado ao servizo de obxectivos que só garanten obxectivos propios desvinculados do verdadeiro interese público .

Polo tanto, a INSOLIDARIEDADE AUTONÓMICA hai que erradicala, por difícil que sexa, per se, e tamén, fundamentalmente, porque debilita os piares non só constitucionais do país, senón igualmente os constitutivos, todo o que determina a pertinencia de que se introduzan correccións, incluso constitucionais, se foran precisas, para evitar que as autonomías dexeneren en reinos de taifas, loitando por OCUPAR ESPAZO EN VEZ DE CREALO, para participalo con fundamento respectivo nunha praxe xusta, PROGRESISTA e que permita que España recupere a ponderación que lle corresponde no mundo. ¡¡Coidado, pois, coas trapalladas dos ilustrados (algúns temos viaxando por Galicia), xulguémolos non polo lustre do que saben, senón pola pertinencia social contextual do que deciden e predican!!.

Para terminar, se tiveran receo en aplicar os presupostos científicos do exemplo, extrapolados a sociedade, quédense cunha mera aplicación metafórica, cunha comparación tácita derivado do sentido recto e directo a outro figurado, como reza o DLe.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES