Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E... alá van duascentas mandas para Isaac! (I)

jueves, 11 de febrero de 2021
E... al van duascentas mandas para Isaac! (I) Parecían moitas cen, un cento. Coma gotas que caen, en chuvia de inverno, foron precipitándose unha a unha, día a día. Como nas anteriores, foron chegando das mans de homes e mulleres, dende diferentes campos e expresións.

Podemos citalas a modo de enumeración, para que vaian pasando como nun desfile creativo, diverso e cheo de agarimo.

Pola poesía: Suso Díaz pedindo a volta de Isaac. Álvaro Lago cuns versos con / por Isaac. A xornalista Carmen Villar que achega o seu retrato da man de Isaac e un poema no que afirma "o teu canto a Galicia valeu por varias vidas". Dende Bélxica, Ramón Neto envía un poema inspirado en "A rapaza que leva na cabeza un mundo de cousas que pode precisar na vida". O presidente de Barbantia Eme Cartea dedícalle un longo poema no que percorre os seus valores. José-Martinho Montero Santalha escríbelle un soneto con acróstico, aínda que el di que non lle cabe en catorce versos porque el é un universo. O músico Xosé Quintas Canella que o define como artesán dos arcanos da memoria. A máis nova das nosas participantes, Mariña Maceiras, co seu haiku. Eva Teixeiro dedícalle uns versos ao home que lle fixo imaxinar unha bandeira con outro azul. Baia Fernández de la Torre escribe un poema ás mulleres núas de Isaac.

Guillermo Coen di, nos seus versos, que Isaac posúe unha patria de sombras en loita. Manuel Pereira trae no poema a lembranza da galería Sargadelos en Madrid, unha embaixada. Claudio Rodríguez Fer escribe as súas palabras ao compañeiro ancestral sobre unha carta caligráfica de Isaac. O profesor Xulio Pardo de Neyra escribe un poema con aliteracións moi significativas.

Carmen Blanco trae o bocexo e explicación da peza Monumento aos inmolados que IDP lle pasou e o seu “Si” lembrando aquel outro do 36.

Pola prosa, a crónica e a lembranza:

María Jesús Neira Yagüe a bibliotecaria e guardesa da Fundación Neira Vilas relata o derradeiro encontro entre este e Isaac. O biólogo Emilio Valadé del Río que recoñece no Sargadelos de Isaac o símbolo de Galicia. O xornalista Xulio Xiz que lle dedica cen parabéns polo aniversario. Laura Rey Espasandín que ve a Isaac a través das pezas de Sargadelos que súa nai mercaba con tanto esforzo. O filósofo Ignacio Castro lémbrao unha viaxe en tren. O escritor Silvestre Gómez Xurxo fala de Isaac e as cousas ben feitas: a súa louza e os seus libros, a través da novela 2666 de Roberto Bolaño. Xulio Cobas Brenlla, fala do esquecemento ao que foi sometido e da privación a tantas xeracións que non oíron falar de IDP. O escritor Antonio Reigosa repasa un a un os pasos para chegar á elaboración do pan para concluír que con Isaac foise o segredo do lévedo. O crego Rubén Aramburu lembra o altruísmo de Isaac e ese copón que el fixo e anda polos museos diocesanos do mundo. O director teatral Xesús Gómez Lareo relata cando, por indicación de Isaac, puxo en escena a O burro de Xosé Ruibal. O historiador Antom Santos reflexiona arredor de Isaac e o devir do país. José Mª Monterroso achega un réquiem por Ediciós do Castro. O músico e político Mini entrega unha mazá e di "pra ese cesto de fertilidade que el ofreceu a esta nosa Matria". O actor Farruco lembrando a Isaac, sempre con présa polas rúas de Compostela. Francisco Fernández Naval define os trazos da personalidade de Isaac: dialéctica, pedagoxía, paciencia, acollida e, sobre todo, memoria. O pedagogo Antón Costa Rico enviándolle unha carta.
O etnógrafo e antropólogo Xosé FuentesAlende lembra o seu primeiro encontro.

Francisco Fernández Piñeiro que lle fala facéndoo país. María Lopo lembrando a xerra de María Casares. Luísa Abad trae o deseño de Isaac para o IES Paz Andrade.

Ángel Segovia lembrando a pomba que agasallaba o SGEP. A fotógrafa Maribel Longueira relata a súa experiencia nos Encontros Estivais e a presenza do home da bata gris. Lourdes Maceiras declara a Isaac fonte de vida, coma a auga. Mario Paz conta de cando Isaac foi nomeado Chairego de Honra. A escritora Aurora Marco entrega unha pequena análise de A obra plástico-literária de Isaac Diaz Pardo. O seu biógrafo, Xosé Ramón Fandiño, escribe "Os ollos transitivos das miradas de Isaac" arredor de tres fotografías do Isaac máis novo, en Santiago.

Polo ensaio: Mercedes Espiño tráenos "O Paraíso Perdido do Isaac" percorrendo as rúas da súa vida. O investigador Emilio Insua remite un magnífico estudo titulado "As Edicións do Castro e o xénero poético". O matemático Antom Labranha estuda a harmonía matemática das formas, nalgunhas pezas de Sargadelos. O colaborador de Isaac, Alfonso Mato, achega un texto sobre Díaz Pardo e o IGI coa urxencia de recuperar a admiración. O director do Museo do Gravado Xoán Pastor Rodríguez analiza a obra Unha presa de debuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES