Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Ao vir o neno mencer' (2)

viernes, 29 de enero de 2021
A Poesía en galego de Francisco de Fientosa

III

Ao vir o neno mencer
sempre te atopo no leito,
agruchada como o verme
na folliña do loureiro.

Ai, amor.

Cando ves ao sol doente
polo adival do carreiro.
Río da túa risa esvara
canlle abaixo por teu seo.

Amor, ai.

Ensanguiñada ao solpor,
non ousas, tremes co medo,
mentres o sol da túa fronte
vai poéndose no meu peito.

Ai, amor.

Verme, río e sol, (...)(11) (¿son?)
pedra do meu corazón.


TERCEIRA COPLA.
"Ensanguiñada ao solpor,
non ousas, tremes co medo,
mentres o sol da túa fronte
vai poéndose no meu peito".

"Ai, amor".

Na última copla xa entra directamente falando da rapaza, mais, "ensanguiñada ao solpor"; é dicir, da cor do sanguiño con froitos en drupa e vermellos, alimentando a última parte do día, despois do amencer e do mediodía, como se fose un cadro tinguido pola cor vermella do solpor, e logo, despois, cando xa non se "ousa", -palabra tan bonita e tan galega-; por iso, "tremes co medo" da noite e onde o "sol da túa fronte", noutra metáfora incríbel pola perfección do sol e mais da súa fronte nunha redondez total e ideal "vai póndose no meu peito", igual que o sol se vai escapando polo horizonte e acercándose ao corazón do poeta, pero "vai póndose" como o sol; é dicir, vai escapando a amada como se escapa o sol no solpor, aínda que se acerque ao "eu" que emerxe das augas do río do amor e da sensualidade que se revela, e remata con dúas palabras separadas por unha coma que lle dá máis fortaleza á exclamación ou refrán e porque a alongan na sensualidade e no desexo, "Ai, amor".

ÚLTIMA ESTROFA
"Verme, río e sol (.....) (¿son?)
pedra do meu corazón"

Nestes dous versos que forman a última estrofa, atopamos a falta dunha verba que descoñecemos, aínda que cremos que puidese ser ¿son?, por dúas razóns:
1ª polo cómputo silábico.
2ª pola rima,
mais non por iso deixamos de apreciar a beleza deste xenio da poesía, onde a través dunha técnica diseminativo-recollleitiva, resume todo o contido do poema "verme, río e sol..." que formaría unha finda porque primeiro foi espallando e ciscando a semente en "verme" que equivale á rapaza e, en "río", que é a súa risa e, en "sol", que determina a beleza da súa fronte para xerminar nunha nova metáfora, tipo A de B, (pedra do meu corazón), na que o seu corazón é pedra, coa imaxe tan parecida entre a pedra e o corazón, mais tamén cunha contraposición brutal entre a frialdade da pedra e a quentura do rescaldo do seu corazón que nos levaría a pensar que non é correspondido pola rapaza. Esta imaxe da pedra (dura e fría, en contraste coa calor do corazón do poeta) lévanos a pensar na existencia dun certo parecido coas cantigas de amor, coa conseguinte reserva da dama.

Que río de beleza vai esvarando polas coplas que Francisco de Fientosa!, vai xunguindo nunha continuidade de fermosura e vaise incardinando como os arpexos dunha composición ou bagatela musical por ser unha poesía breve e instrumental que habería que interpretar ao piano ou ao violín e que tanto nos recorda ao "Claro de luna" de Beethoven, ou a algún Preludio de Debussy.

NOTAS:
11. Incomprensible segundo Ricardo Polín na obra referenciada.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES