Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que nos di o presente?

jueves, 28 de enero de 2021
Que cada persoa aprende na época que lle toca vivir, está moi claro.
¿Pero de quen aprendemos?
Aprendemos do pasado coa intención de construír un futuro mellor.

SOMOS O FROITO DO QUE EVOLUCIONARON OS NOSOS DEVANCEIROS.

¿QUÉ VEMOS NO PRESENTE?
-Vemos unha vida moi axitada nos últimos tempos.
-Vemos un cambio moi brusco na vida familiar.
-Vemos que a sociedade vai perdendo moitas tradicións.
-Vemos que a infancia de hoxe ten pouca vida familiar.
-Vemos que cada día hai máis anciáns en residencias xeriátricas.
-Vemos que a asistencia psicolóxica e psiquiátrica fanse máis necesarias cada día.
-Vemos como os valores van caendo en picado.
-Vemos que hai moitas persoas que non son felices.
-Vemos que a natureza se queixa a berros…

Efectivamente A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL foi rápida e a brecha entre o sector primario e o secundario tamén se fai máis grande cada día.
¿Cómo é posible que haxa tantas diferenzas?

No tocante á VIDA FAMILIAR pasamos de familias nas que convivían tres ou catro xeracións ás familias nucleares e dentro destas hai varios tipos de familias, incluindo as que conviven como se dunha fonda se tratara.

O CERTO E QUE A FAMILIA ESTÁ PERDENDO MOITOS PUNTOS.

Claro que cada persoa é moi libre de organiza-la súa vida como mellor lle pareza; pero sempre e cando teña fidelidade, estabilidade, moralidade e legalidade.
Penso que quen queira vivir en familia ten que facerse un plantexamento serio onde tódolos seus membros teñan cubertas as súas necesidades físicas, afectivas, psicolóxicas e espirituais.

A sociedade vai empeorando na medida que a familia vai perdendo a sú esencia.

CANDO A FAMILIA ESTORNUDA, A SOCIEDADE, COLLE CATARRO.

E se a familia se mantén forte, a sociedade refréxase nela como se dun espello se tratara.

A nosa querida INFANCIA bota en falta o colo dos papás e dos padriños onde se aprende cales son a ferramentas básicas para desenvolverse na vida.

¡CANTO SE DEIXA APRENDIDO ARREDOR DA LAREIRA!
Había relacións personalizadas entre persoas do sangue: GRAN ESCOLA DOMÉSTICA.
Aquelas moralexas repetidas un outro día ó longo de toda a infancia, quedaban grabadas na alma infantil para toda a vida.

OS ANCIÁNS eran atendidos no seu fogar polas persoas do seu sangue, nada comparable coa mellor das residencias xeriátricas. Había menos medios pero moito máis cariño.

NON HABÍA NECESIDADE DE PSICÓLOGOS porque o traballo de cada día en contacto coa natureza era a mellor das terapias.

Hoxe en día creamos NECESIDADES INNECESARIAS e por eso temos que escravizarnos para conseguir cousas que NON SACIAN O NOSO SER INTERNO; porque as almas satisfácense na mediada que se cultivan os valores espirituais.
As almas precisan alimento espiritual, precisan alimento que non se compra con cartos: son gracias divinas.
Hoxe en día dámoslle a espada a Deus, máis que nunca.
Como non o vemos…
Tampouco vemos o coronavirus… e máis está ben presente.

SOMOS MENOS FELICES porque buscamos a felicidade onde non está.
E MALTRATAMOS A NATUREZA E ESTA REBÓTASE.
A natureza quéixase, está pedindo equilibrio.

"VIDA EQUILIBRADA"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES