Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Rarezas esperpénticas

miércoles, 27 de enero de 2021
Xa fun polo vento e vin polo aire. Xa fun correndo e volvín andando. Ás veces fago cousas raras. Cando as fago. Porque outras veces non fago nada. E non porque sexa un nugallán, senón porque non me apetece. Ou porque non quero que saibades o que fixen. Por veces escoito a Caetano Veloso e ó rematar xa me poño con Metallica. Que non teñen nada que ver. Tamén para a música podo ser raro; porque escoito todo o habido e Pingas de Orballo: Rarezas esperpénticaspor haber. É como as películas, que vexo todo o que se pode ver. Porque ata as películas malas as vexo. Claro que para saber que son malas teño que velas.
O outro día fun a Manhattan desde Baños de Molgas. Collín o helicóptero no outeiro da Chaira e desde Lavacolla un avión deses que voan para cruzar o charco. Mais axiña caín na conta de que tan só cruzara a Lagoa de Almoite. Definitivamente, as miñas rarezas empezan a ser esperpénticas. Ou non. Podo dicir isto para despistar. Gústame xogar ós despistes. Coma un neno. Igual que un neno.
Xa fun a un cuarto escuro para soñar e volvín sen tan sequera deitarme. Porque no cuarto escuro non había ningunha cama. E un acostuma a deitarse nas camas. No chan, moi de figos a béveras, ou o que é o mesmo, moi de tarde en tarde. Onde estea unha boa cama... E moito coidadiño, que nas camas fanse moitas máis cousas que durmir. Que un, ó durmir, perde moito o tempo. E o tempo din que é ouro. Eu digo que é algo que pasa, pero... Pero para que vou desilusionar ós que pensan daquela maneira. E xa non vou a ningún sitio máis. Definitivamente, quedo aquí.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES