Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

#DoTrinque novidades On Line no facebook da Nova Poesia Guitirica

martes, 26 de enero de 2021
Os Vilares lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG recuperan a programación de novidades desta volta nas redes para ofrecer as últimas novidades literarias a través do facebook destas entidades EN DIRECTO.

O programa #DoTrinque xa programara en anos anteriores a estrea do grupo musical #DoTrinque novidades On Line no facebook da Nova Poesia GuitiricaXardín Desordenado en Guitiriz, o debut do grupo Corredores de sombra en Betanzos ou a presentación do poemario de Emilia Martínez Fuentes Lendas e versos en Vilalba entre outras.

Agora, programan a presebtación en directo polo facebook da Nova Poesia Guitirica NPG de diversas novidades literarias.

A primeira será o 6 de febreiro ás 20:00 horas coa presentación do libro Lareira de soños (Edicións Fervenza) de Pastora Veres unha das impulsoras do proxecto dos Vilares e da NPG. Nese mesmo mes está prevista a presentación da novela da artista e escrítora Luz Darriba (Belagua Edicións) Abril.

No mes de marzo, Os rostros do frío (Edicións Fervenza) de Xulio Pardo de Neyra, Bambán no vento (Fundación Eomaia) de Hortensia Bautista do colectivo poético Versos de area de Ponteareas e a artista Aurora Quinteiro e Non estamos preparados para medrar (Editora Urutau) da poeta da Costa da Morte Teresa Ríos Noya.

Anttopoloxía, historia, novela, poesía... unha variada programación de novidades editoriais que en tempos de pandemia se poden seguir e directo pola rede e interactuar cos/as autores/as a través dos comentarios en directo.

A programación seguirá en abril con máis novidades literarias ás que calquera se poderá sumar en directo polo facebook da Nova Poesia Guitirica NPG e posteriormente gravado en diferentes espazos das redes sociais e en YouTube.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES