Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Noite de Reis

viernes, 08 de enero de 2021
Que nervios! A estas horas estaría moi nervioso. A estas horas son as catro menos vinte da tarde. A estas horas andaría no monte coas vacas nas décadas dos 60 e 70 e desexando que chegasen as cinco ou as seis, que, no inverno, era cando máis ou menos tanguías os animais para a casa porque a noite xa se botaba encima. Os nervios estarían á flor de pel porque, por suposto, estaba a chegar o momento de saír a cantar os Reis. Pingas de Orballo: Noite de ReisSaír a cantar os Reis tiña o seu aquel, ou sexa, a súa apurada: eramos cativos e a vergonza, a timidez era moita e grande. Pero para iso nos xuntabamos tres ou catro para, entre todos, vencer esa covardía inocente que nos oprimía o peito. Moitos máis non queriamos xuntarnos porque á hora da repartición dos cartos que acadabamos cantando os Reis tocariamos a menos. E os tempos non estaban como para compartir céntimos ou cadelas.
Cando chegaba o momento empezabamos nunha punta da vila de Baños de Molgas para rematar na outra e levando todo de a feito. Entre veciño e veciño había o correspondente conclave para acordar de se lle cantar ó seguinte ou non. E non polo canto en si; senón polos medios económicos da paisana (a muller era a que máis saía ás portas). Se viamos que era moi pobre, intentabamos pasar de largo. Tamén é verdade que algunha sorprendíanos chamándonos ela mesmo para que lle cantásemos. Cos ricos si que era outro cantar: a maioría, agarrados, mesquiños, rañicas a máis non poder. Tamén é verdade que despois tiñan que aturar con aquilo de "pelica marrana, canteiche os Reis e non me deches nada". Que tempos! Xa me pasaron os nervios.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES