Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiñante, fai camiño

miércoles, 06 de enero de 2021
Este ano é un ano especial para Galiza, xa que se converte no centro cultural de Europa e, en certa medida, do mundo.

Tamén é un ano difícil xa que empeza cunha espada de Damócles chamada covid. Entón, con toda a prudencia posible debemos reivindicar que para nós é un ano moi importante.

Somos un pobo camiñante que tivemos que sucar o mar para traer o futuro. Tivemos e temos que arrancar o porvir do mar. Tivemos e temos que virar a terra para sacar o mellor dela.

Con esta bagaxe, temos que ser conscientes que, como di o anuncio, "levamos séculos marcando o camiño". Esta consciencia lévanos á seguinte reflexión: igual que nós fomos e bebemos, eles veñen a beber a nós porque temos algo moi importante que ofrecer. 2021 ten que chegar a esta terra como unha cura de autoestima que nos esperte e nos proxecte cara ao mundo.

O 2021 é un ano para andar, andar sen medo, facendo camiños de ida e volta dos que aprender de todos os rastros. O Xacobeo ten un significado fondo a nivel cultural e de desenvolvemento persoal que temos que aproveitar en esencias de experiencia persoal.

Chegou a nosa hora, camiñante fai camiño e énchete de nós, enchéndonos de ti.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES