Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ano especial

martes, 15 de diciembre de 2020
Este 2020 está resultando un ano difícil, con problemas individuais e colectivos, sufrimento e dór, no que moitas persoas, moitas familias, padecen todo tipo de problemas, desde os sanitarios aos económicos pasando por toda unha escala conflictiva que a todos nos conmove.

Diante dunha situación así, a nosa fe, a nosa irmandade, a nosa solidariedade cos que sofren, ten que ser o mecanismo máis forte que nos axude a superar todas as dificultades e axudar a que as superen tamén todos os que nos rodean.

Xa que logo, o Belén electrónico de Begonte quere ser un elemento máis que axude a todos a superar atrancos e ver nel un punto de referencia para crer, entender e servir. Por iso, toda a xente que está arredor do Belén quere que esta realidade cultural e social estea presente nas casas e nos sentimentos dos que o coñecen, e de todos os que a través de internet poidan achegarse ás nosas actividades; á nosa realidade.

Tendo moi presentes aos que sofren en calquera parte do mundo, e especialmente na nosa terra, desde Begonte queremos facer chegar a todos o desexo dun Nadal en paz, que constitúa un bálsamo para todos os que sofren, e que a chegada do Neno que cada ano nos nace de novo sexa o comezo dun tempo e dun mundo mellor para todos.

(Jesús Domínguez Guizán é Presidente do Centro cultural begontino, impulsor do Belén Electrónico de Begonte).
Domínguez Guizán, Jesús
Domínguez Guizán, Jesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES