Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Establecer prioridades

jueves, 10 de diciembre de 2020
É propio de persoas intelixentes elixir a mellor das opcións posibles.
Para eso temos que establecer prioridades.
A mellor prioridade, sen lugar a dúbidas, é a conservación do regalo máis preciado que se nos fixo no momento da nosa concepción; é dicir: a conservación da vida.

Toda persoa, no seu san xuízo, intenta conservar a vida nas mellores condicións posibles.
De feito, desde a máis tenra infancia, preparamos un porvir para poder levar una vida o máis digna posible.

Levar un ritmo de vida digno ten o seu prezo.
ESIXE: DEDICACIÓN, ESFORZO, SACRIFICIO, CONSTANCIA, FORTALEZA, ESPERANZA, RENUNCIA, ESTABLECER PRIORIDADES…

Pois neste momento da nosa historia, manter un ritmo de vida digno, aínda ten un prezo máis alto porque as circunstancias que nos toca vivir así o esixen:
Tanto se nos gusta como se non, tanto se o cremos como se non: un virus moi perigoso anda ceibo e pon as nosas vidas en risco.
Ante un perigo de tal magnitude, vémonos na obriga de establecer prioridades:

-SACRIFICARNOS A LEVAR POSTA UNHA MÁSCARA que nos protexa a nós e máis ás persoas coas que contactemos.
É molesta, é cara, é incómoda; pero é necesaria.

-MANTER UNHA DISTANCIA DE SEGURIDADE regulamentaria entre as persoas non convivintes para que o virus non nos alcance.
¡Co ben que senta o contacto físico: unha aperta, un bico, unha caricia, un apretón de mans..!
Pero neste momento non pode ser.

-USAR UN XEL DESINFECTANTE PARA AS MANS cada vez que tocamos algo que pode estar infectado.
É engorroso, agrieta as mans, é un gasto máis; pero hai que levalo sempre á man porque non temos oportunidade de lavar as mans con auga e xabrón de cada pouco.

-NON FRECUENTAR LUGARES MOI CONCORRIDOS onde pode haber persoas infectadas que non presenten síntomas.
Ir de copas, ir á discoteca, pasear por lugares concorridos, ir de compras a grandes almacéns, ir ós touros ou ó fútbol, ir de…
Algo moi español; pero que hai que aprazar para mellor ocasión.

-REDUCIR CONTACTOS CON PARENTES E AMIGOS: algo tan humano e gratificante que supón un sacrificio.
Un sacrificio moi grande para membros íntimos da familia que desexan visitarse, abrazarse, celebrar festas familiares…
¡Canto están sufrindo: nenos, avós, enfermos… que non poden disfrutar da preseza física dos seres máis queridos!
Pero non pode ser.

-SACRIFICAR A ECONOMÍA no caso de tantos e tantos empresarios que teñen negocios que non lles permiten abrir ou que lles reducen considerablemente o aforo…
¡Cantos cartos perdidos!
¡Felices os que poden botar man dos aforros..!

-PERDE-LO EMREGO porque hai que reducir a plantilla ou pecha-la empresa.
Moitas familias están quedando “ó pairo”.
¡Canto sacrificio! ¡Canto sufrimento! ¡Canta necesidade!

Pero non queda outra.
Toca establecer prioridades a tódalas idades e confiar que esta situación pasará.

ESTA SITUACIÓN É TRANSITORIA COMO TODO NESTA VIDA.

Hai moitas persoas que se entregan en corpo e alma a tomar precaucións e outras á investigación para encontrar canto antes o remedio que tanto ansiamos: as vacinas.
Sabemos que as vacinas están en camiño, que a medicina avanza, que todos desexamos sentirnos libres de tantas “ataduras”; pero mentres tanto…

“MENTRES TANTO”

Este será o título do seguinte artigo.
Motas grazas pola súa resiliencia e polo seu relixioso comportamento ante este coranavirus que xa leva con nós unha boa xeira.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES