Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falar por falar (1)

jueves, 10 de diciembre de 2020
Na celebración do Día dos Dereitos Humanos vou referirme a un moi cuestionado e, como non podía ser menos, recollido tamén na Constitución. Coa que está caendo con dubidosas campañas, hai pouco que celebrar.

É indiscutible que a educación é un dereito, pero cando chega o momento de escolarizar a alguén con necesidades educativas especiais empezan os problemas e as informacións Falar por falar (1)interesadas. Ir á escola non pode converterse nunha loita e algúns pais pasan a vida reivindicando unha etapa educativa digna. Algo está a fallar cando a ONU acusa a España de "vulnerar e incumprir grave e sistematicamente o dereito á educación dos nenos con discapacidade".

Estase a falar por falar sen saber que unha lei de consenso marcou os principios da integración escolar. A primeira referencia que lle da forma legal aparece na LISMI (Lei de integración social de minusválidos) aprobada no 82. Nos artigos 23 e 27 di: "El minusválido se integrará en el sistema ordinario de la educación general, recibiendo los programas de apoyo y recursos que la presente Ley reconoce. La educación especial será impartida a aquellos minusválidos a los que les resulte imposible la integración en el sistema educativo ordinario". "Solamente cuando la profundidad de la minusvalía lo haga imprescindible, la educación se llevará a cabo en Centros específicos. A estos efectos funcionarán en conexión con los Centros ordinarios, dotados de unidades de transición para facilitar la integración". Non foi fácil chegar a esta redacción. Sei do que estou a falar porque participei na súa elaboración. Nótase que eran os comezos por empregar termos como minusválidos, integración...

A filosofía da Lismi, de marcado contido social, continuou nas sete "Lolos" (...Loe, Lomce e Lomloe). Difícil citalas a todas na súa orde cronolóxica... Trinta e oito anos despois queda moi lonxe que cada alumno reciba unha atención personalizada acorde coas súas necesidades e no seu contexto social. A escolarización nun centro especial é unha saída porque o que debería ser, non é xa que se desvían os recursos humanos e materiais. O que se contemplou para situacións moi puntuais converteuse en algo xeral. Nesa opción para uns poucos entran outros moitos porque os números contan á hora de manter negocios. Apartar á persoa argumentando que o vai pasar mal, que se van burlar... di moi pouco ao noso favor como docentes e como sociedade. (Deixo as campañas para o próximo comentario).
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES