Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un raio de sol

miércoles, 09 de diciembre de 2020
Botar de menos,esa expresión que empregamos tan a miúdo, sobre todo este ano, ten unha orixe ben curiosa. No antigo galego-portugués, empregábase a locución achar menos co significado de "notar a ausencia..." ou "sentir a falta de...". O contacto do galego-portugués co castelán fixo que a expresión chegase a Castela arredor do século XIII e comezase a estenderse polo territorio. Pero, aínda que en Castela entendían o sentido da frase, como non tiñan no seu vocabulario a palabra achar, interpretaron erroneamente que se correspondía co verboechar, de similar sonoridade. En todo caso, o erro de tradución mantívose e, en lugar de hallar de menos, o castelán incorporou esta expresión coa formaechar de menos. O máis curioso veu despois, pasado o tempo, cando a expresión, xa popular en Castela, entrou no galego. A expresión veunos de volta, pero nós tampouco a soubemos traducir ben e, en lugar de empregar o verbo achar, escollemos o verbo botar. E así chegou a locución ata os nosos días, ata o ano da pandemia, onde un estraño virus leva meses dándonos motivos para achar en falta unha morea de cousas.

Está claro que o virus nos colleu por sorpresa, coma esa chuvieira que te colle inesperadamente no medio dun longo paseo; ese día no que non quixeche facer caso daquelas nubes ameazadoras, nin das advertencias dese veciño/achegado que sempre che solta iso de: Leva paraugas, que vai caer unha boa! E efectivamente caeu, e aí estás, pingando, tremendo co frío, refuxiado nunha caseta de madeira edesexando que escampe. Así nos ten a pandemia,á espera, cansos, agardando unha mínima esteada que faga volver o optimismo. E mentres agardamos, miramos atrás e a nostalxia emerxe. Comezamos entón a botar de menos. Botamos en falta cousas ben sinxelas, rutinas cotiás que adoitabamos desfrutar e das que, quizais pola propia costume, non eramos de todo conscientes. Dende unha comida familiar ata un paseo onde un se cruce coa xente sen máscaras (alomenos sen máis máscaras das que portamos habitualmente).

O certo é que, a algúns, a pandemia aplicounos unha cura de sinxeleza, a mesma que lle aplicou, dacordo cunha coñecida lenda histórica, o filósofo Dióxenes de Sinope ao mesmísimoAlexandre Magno. Segundo esta lenda, nunha ocasión coincidiron en Corinto este gran conquistador, símbolo de poder e ambición, e Dióxenes de Sinope, a outra cara da moeda, unsolitario filósofo da escola cínica que propugnaba o desapego material e que vivía nun tonel. Contan os historiadores que Alexandre quedou totalmente asombrado coa imaxe do sabio, motivo polo cal se achegou a el e decidiu preguntarlle se podía facer algo para mellorar a súa situación. A resposta deDióxenesquedou para a posteridade: "Si, podes apartar, estasme tapando o sol". Lonxe de sentirse agraviado, o emperador amosoulle ao sabio a súa admiración ante semellante resposta, afirmando que: "De non ser Alexandre, de bo grado sería Dióxenes".
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES