Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O mundo nunca é suficiente

miércoles, 09 de diciembre de 2020
O mundo nunca é suficiente. E por iso ás veces penso que afogo nel, polo que quero subir a unha nave espacial e facer turismo polo espazo sideral. Xa teño o carné de astronauta. O mundo quédaseme pequeno, e case sen saír de Galicia; pero teño unha cabeza que ferve buscando aqueles planetas ou cometas ou satélites ou estrelas nos que poida correr e berrar Pingas de Orballo: O mundo nunca é suficientee asubiar e cantar ó meu albedrío, á miña vontade. O silencio xa o conforma o infinito. O mundo máncame no calcañar do pé dereito porque intento pasear por eses camiños cheos de bulleiro. O mundo é todo un lamazal no que envorcallamos, no que vertemos as nosas conciencias.
O mundo nunca é suficiente. E por iso ás veces ou moitas veces quero fuxir del cara ó planeta do meu amigo extraterrestre. Hai moito que non sei del. Calquera día doulle a sorpresa. Estou canso de querer poñer os puntos sobre os is ou as cousas no sei sitio. Porque síntome impotente de querer e non poder. Non queda outra entón que desempoar o traxe de astronauta, meter a voz de Chavela Vargas, coma semente, na miña cabeza e deixar que frutifique logo por entre as órbitas do silencio. Dese silencio universal que me espera, que me abrazará e que me deixará soñar con esa ilusión que vai moito máis alá dun triste salouco.
O mundo nunca é suficiente dicíase en James Bond, e como non teño licenza para matar, o mellor é emigrar. E alá vou, a viaxar polo espazo infinito dos meus soños e folgar, en principio, no halo, na auréola, no nimbo da lúa vella.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES