Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votar co móbil

martes, 01 de diciembre de 2020
No ámbito profesional das telecomunicacións estase a debater unha toma de postura fronte ao que se albisca coma feito real se houber vontade de provocalo: a votación telemática.

O pasado 12 de xullo o tempo en Galicia convidaba ao monte e á praia. Se daquela houbese a posibilidade de participar nas eleccións ao Parlamento usando o teléfono móbil, ¿como terían sido os resultados? Aínda máis, se se puidese participar nos comicios desa maneira desde calquera lugar do mundo, ¿seguiría sen voz a nova diáspora hiperconectada?

As capacidades da telecomunicación van en aumento de xeito exponencial, e por culpa da pandemia aceléranse os programas de posta en marcha da quinta xeración das redes celulares (5G). Xa agora pódese contar con elementos de identificación persoal altamente fiables: facial e dactilar; a enxeñería informática hai tempo que resolveu a anonimidade do votante con copia especular de voto (resgardo persoal); e a técnica das cadeas de bloques de datos fai imposible a violación dos resultados de votación.

Se confiamos nos movementos do «sagrado diñeiro» co móbil, ¿por que non habemos confiar na votación co mesmo aparello? ¿Cantos millóns de euros se aforrarían nas eleccións? ¿Canto se tardaría en coñecer os resultados? ¿Por que non se abre a discusión entre os lexisladores?
Alcalá, Xavier
Alcalá, Xavier


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES