Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Laura e Pablo

miércoles, 14 de mayo de 2008
Entre os dous, suman hoxe catorce meses, pero cronoloxicamente gaña Pablo por goleada: Catorce a cero. Desde que chegaron, acabouse a paz como sinónimo de tranquilidade. Pero, ¿Quen quere a paz tranquila?.

Están rodeados -sitiados- por dous pais, dúas nais e cinco avós. Pero ese rodeo ten moito máis de pleitesía que de control, de devoción máis que obriga. Tontiños todos.

Dicíase en tempos, e miña nai repetíao sempre, que “¡nunca un tolo tivo un neno!" para simbolizar o entusiasmo paterno diante da seguinte xeneración. Pero observando detidamente no contorno contemplo moita tolería afortunada porque os nenos –con pan ou sen pan debaixo do brazo- seguen a provocar entusiasmo nas casas ás que chegan.

A min, pola rúa, as rubias ou morenas de tres ou catro anos seguen a provocarme e obríganme a dala volta. E os menudos rebuliceiros desa avanzada idade provócanme unha irresistible tentación de ofrecerlles un sorriso.

Pero todo o mundo comprende a tolería dos avós... E se a miña muller me chama a atencións ás veces porque se me nota demasiado a fachenda, posiblemente só sexa para evidenciar que tamén neso ela me gaña.

¡Mira que levo importunado pedindo un neto!. ¡Pois xa van dous!. Ou sexa, que a vida “xa chegou a netos”. Pero como ninguén se conforma nunca co que ten, e considerando que se teño dous xa son “bis-avó”, vou poñer todo o empeño posible en chegar a coñecer alomenos ó primeiro bisneto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información