Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preescolar na casa

miércoles, 14 de mayo de 2008
A fundación galega "Preescolar na casa" dedica os seus esforzos ó ensino dos máis novos pero tamén dos maiores, considerando conxuntamente a pais e fillos de xeito que ensinando ós pais a selo fan que se impliquen na educación e formación dos nenos dun xeito diferente.

Desde hai trinta anos, esta Fundación ven complementando a acción dos organismos dedicados ó feito de educar, descentralizando accións, actuando especialmente no rural, convertindo en aulas os domicilios para que nas mesmas casas os nenos reciban as primeiras influencias, as primeiras clases, practiquen os primeiros xogos, desenvolvan as súas primeiras actividades.

Son máis de catro mil as familias galegas que, na actualidade, participan das actividades de "Preescolar na casa", que atende a nenos de ata seis anos, ata agora os menos atendidos polo noso sistema educativo.

Pero na Xunta actual as competencias de educación teñen partido o corazón, e mentras de tres anos en diante é competencia a sua atención da Consellería de Educación, os máis pequenos entran na área de influencia de Vicepresidencia e as súas galescolas.

Educación retira a súa aportación ó sistema de Preescolar, que funcionaba ata agora de xeito cuatripartito: Política Lingüística, Traballo, Vicepresidencia e Educación, sendo esta última a aportación máis pequena.

Polo de agora é un problema pero non definitivo, xa que non se compromete a continuidade do sistema. Pero entendemos que polo seu plantexamento, pola extensión no rural, polos resultados conseguidos nestas tres décadas, pola sempre necesaria atención ás familias con menos recursos de todo tipo, o que necesita "Preescolar na Casa" é que se apoien e potencien as súas actividades e non que se torpedeen.

Non andamos sobrados de iniciativas coma esta, e menos no eido da formación dos nosos máis novos. Preescolar na casa, como idea é unha xenialidade e como realización unha obra ben feita.

Que non se lle poñan tachas nin atrancos. Deixémolos traballar, que para todos nós traballan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES